"Tot" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 531.

  • hormona do crecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á somatotropina.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Materia diversa da que están formados os corpos.

      2. Substancia nerviosa formada por fibras e situada na parte interior do cerebro e na periferia da medula.

      3. Substancia nerviosa formada polas células nerviosas e situada na parte periférica do cerebro e na interior da medula.

      4. Materia homoxénea que non se pode descompoñer noutras máis simples por métodos físicos.

    1. Parte esencial dunha cousa.

    2. Aquilo que, na filosofía aristotélico-escolástica, é o soporte dos accidentes e que subsiste en si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de suspender.

      1. Pena que priva en todo ou en parte o uso dun dereito.

      2. Situación anormal da orde pública que consiste na supresión temporal total ou parcial das garantías persoais e dos dereitos públicos da constitución.

    2. Adorno na execución musical, que consiste nunha prolongación ou nun retardo ao facer soar unha determinada nota.

    3. Dispersión dun sólido nun líquido sen disolverse nin depositarse.

      1. Aquilo con que está suspendida algunha cousa.

      2. Conxunto de elementos mecánicos dun vehículo para amortecer as vibracións do terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fototelegrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fototelégrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos teleósteos.

    2. Peixe da superorde dos teleósteos.

    3. Superorde de peixes actinopterixios, que comprende peixes totalmente osificados, de cola homocerca, con escamas constituídas por pequenas láminas óseas delgadas e flexibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ordenado de ideas, independentes da realidade práctica, que tratan de explicar un fenómeno.

    2. Conxunto de coñecementos completo e sistemático sobre unha materia, arte ou ciencia.

    3. Teoría segundo a que todos os elementos químicos están constituídos por átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas, e que teñen unha serie de propiedades, como a masa atómica, que é característica de cada elemento. Se dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes, onde a molécula é a cantidade mínima dun composto, que ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan.

    4. Teoría segundo a que todo o efecto da supercondutividade resulta dunha pequena forza de atracción entre unha parella de electróns con enerxías case iguais (parellas de Cooper). Os electróns libres repélense mutuamente, pero a repulsión está reducida considerablamente por mor do apantallamento dos outros electróns.

    5. Teoría que explica as propiedades das solucións acuosas de electrólitos fortes, admitindo que están completamente disociados en ións e que as desviacións observadas respecto ao comportamento previsto pola ecuación de Arrhenius proveñen das súas interaccións electrostáticas.

    6. Teoría segundo a que o dilema que presentaba a existencia de solucións correspondentes a estados de enerxía negativos, carentes de significación física, pode resolverse postulando que o oco está ocupado por positróns.

    7. Teoría que considera a superficie da Terra como un sistema integrado, en que os organismos vivos e os factores xeolóxicos e climáticos están interrelacionados e se inflúen mutuamente. OBS: Tamén se denomina hipótese de Gaia.

    8. Teoría segundo a que cando un metal ou calquera substancia se disocia en ións ou se somerxe nun disolvente se crea unha diferenza de potencial entre o disolvente e a parte de metal ou substancia que aínda non se disolveu.

    9. Teoría, enunciada co fin de atopar unha formulación que satisfixese a experiencia na radiación dun corpo negro, segundo a que calquera sistema físico en que a coordenada que o caracteriza efectúe oscilacións harmónicas simples, soamente pode ter unha enerxía total E que satisfaga a relación E=nhv, onde n é un enteiro (dito número cuántico), h a constante de Planck e v a frecuencia de oscilación.

    10. Teoría da física dos reactores nucleares, segundo a que o intervalo de enerxía en que evolucionan os neutróns se descompón nun determinado número de bandas de características definidas, o que simplifica o estudo do fluxo neutrónico.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Indica posesión ou propiedade dun elemento a unha segunda persoa de singular.

      1. Expresa a propiedade plena de maneira marcada en construcións que manifestan ese significado, acompañando substantivos que se refiren a ‘propiedade alienable’, como casa, terras, coche e vacas.

      2. Expresa que os feitos, calidades ou características que se mencionan lle corresponden totalmente a algo ou a alguén. OBS: A forma de teu con estes significados sempre se presenta inmobilizada en masculino singular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que comprende todas as partes dunha cousa.

    2. Suma ou número total.

    3. En conclusión.

    4. Ao fin e ao cabo.

    VER O DETALLE DO TERMO