"RL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 759.

    1. Proceso polo que un grupo sintagmático se converte en elemento lingüístico equivalente a unha soa palabra, segundo a terminoloxía de Charles Bally.

    2. Proceso de transformación dunha interxección ou onomatopea nunha palabra susceptible de funcionar gramaticalmente. Por exemplo, os tictacs do reloxo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Período de vixencia dun colexio parlamentario, que vai desde a elección dos membros dunha cámara ata a expiración natural ou anticipada do mandato parlamentario, e que no Estado español, tanto nas Cortes Xerais coma nos Parlamentos autonómicos, é de catro anos.

    2. Conxunto de órganos lexislativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antiga unidade de peso, que en Galicia tiña un valor aproximado de medio quilo (575 gr).

      1. Moeda de influencia anglosaxona dos países de Chipre, Exipto, Irlanda (substituída polo euro en 2002), Líbano, Malta, Siria, Sudán (susbtituída polo dinar en 1982) e Xibraltar.

      2. Unidade monetaria de Reino Unido dividida en 100 peniques. Ata 1971 dividíase en 20 xilins, e cada xilin en 12 peniques (£).

    2. Unidade de masa do sistema británico que equivale a 453,592 g.

      1. Unidade de conta, que durante a Idade Media estaba baseada no peso de prata e o seu valor contido en 240 diñeiros.

      2. Unidade de peso que se emprega como referencia para establecer o peso das moedas. As disposicións dos soberanos indicaban o número de pezas que facían un libra.

      3. Unidade ponderal introducida por Carlomagno en 793-794, que incrementou a libra romana ata un valor aproximado a 489 g.

      4. Unidade ponderal itálica empregada desde a Antigüidade que serviu como patrón para a moeda romana.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficial romano ao servizo dos diferentes maxistrados dotados de imperium, que precedía aos maxistrados e aos sacerdotes portando as fasces , para abrirlles o paso  e vixiar que recibisen os honores debidos,  e que, orixinalmente executaba as sentenzas capitais e azoutaba aos condenados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde van as ánimas dos nenos mortos sen bautizar; e onde se atopan as ánimas dos xustos, agardando a redención do xénero humano.

    2. halo.

    3. Bordo do círculo graduado que presentan algúns instrumentos de medida, especialmente os destinados a medir ángulos.

    4. Parte laminar dunha estrutura foliar.

      1. Estrutura anatómica que forma un bordo, unha marxe ou unha orla.

      2. Zona circular que marca o límite entre a esclerótica e a córnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro, da familia dos félidos, de patas longas, cola curta, orellas rematadas nunha mecha de pelos ríxidos, dun aspecto moi parecido ao do gato, pero de maior tamaño.

    2. Lince de patas robustas e longas, máis curtas as dianteiras que as traseiras e de cola curta co extremo de cor negra. A súa pelaxe é longa e suave de cor gris avermellada con manchas escuras e coa parte inferior branca.

    3. Lince de complexión robusta, cara redondeada, patas longas, orellas aguzadas rematadas nun penacho de pelonegro, cola curta cunha borla negra no extremo e longas patillas que colgan das meixelas. A súa pelaxe é de cor parda que en ocasións tira ao vermello ou ao gris cun rechamante moteado negro sobre o lombo que baixa ata as patas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano musculoso dos vertebrados, revestido dun epitelio sensorial e situado na cavidade bucal, entre os arcos dentarios. Ten as estruturas do gusto e realiza funcións importantes na deglución, na succión e na mastigación de alimentos e na articulación dos sons.

      1. Cousa ou ser vivo que ten forma de lingua.

      2. Fungo, da orde das fistulinais, de grandes sombreiros vermellos e a cutícula lisa e viscosa.

      3. Planta herbácea bienal, da familia das boraxináceas, de follas lanceoladas, densamente pelosa, e de flores de cor azul escura reticuladas de violeta. Medra en terreos secos.

      4. Fungo, da orde das cantarelais, de sombreiro convexo, cor branca e con aguillóns longos.

      5. Fungo, da familia das teleforáceas, de cor parda escura, sombreiro grande, aguillóns longos e o pé carnoso.

      6. Fungo, da familia das exidiáceas, en forma de masa viscosa de cor branquecina e aguillóns curtos. Pódese comer cru.

      1. Sistema de signos orais, reflectido a miúdo nun código escrito que serve para a comunicación. Desde un punto de vista xenético ou histórico, pódense clasificar as linguas tendo en conta o seu parentesco, e desde un punto de vista tipolóxico, segundo a porcentaxe de trazos afíns.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Carl von Linné e aos seus estudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte da escritura e da lectura.

    2. Conxunto de obras literarias dun pobo, dunha época ou dun xénero.

      1. Actividade intelectual centrada no estudo da produción literaria.

      2. Disciplina da ciencia da literatura que se ocupa do estudo da literatura máis alá dos límites dun único país e das relacións que se establecen con outros ámbitos do coñecemento.

      3. Literatura destinada a un público infantil.

    3. Conxunto de obras sobre unha materia ou un tema determinado.

    4. Escrito ou parlamento que divaga ao redor dun tema concreto, en que se obvia a parte práctica ou interesante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Livonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Membro do pobo livonio.

    3. Pobo finoúgrio sometido a influencia eslava desde o s XI.

    4. Lingua urálica que se fala no noroeste de Letonia, en Curlandia.

    VER O DETALLE DO TERMO