"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

  • Aplícase á dimensión transversal dos dentes que en antroponometría mide a distancia que existe entre a cara interna e a súa cara oposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ornamento que reproduce o cranio do boi e que se colocaba nas métopas. Foi característico da arte romana e, posteriormente, do Renacemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trampa en forma de lazo para cazar paxaros e outros animais.

    2. Conxunto de paus dispostos en forma de cruz, que atravesan o tobo, para que as abellas fagan sobre eles os seus favos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Documento pontificio relativo á materia de fe ou de interese xeral, expedido pola chancelaría apostólica con carácter executivo e acompañado do selo papal estampado en tinta vermella.

      2. Bula asinada cun selo dourado en documentos papais de grande importancia.

      3. Bula outorgada polos papas desde o s XI que concedía indulxencias, privilexios e grazas a aqueles que loitaron na Península Ibérica contra os musulmáns.

      4. Bula que dispensaba de facer vixilia.

      5. Bula outorgada polo comisario xeral da Cruzada aos posuídores de bens alleos cando non consta o propietario dos mesmos.

      6. Bula que se tomaba para aplicar a un defunto as indulxencias marcadas na mesma.

      1. Selo pontificio impreso en chumbo, co nome do papa nunha cara e a representación das cabezas de san Pedro e san Paulo na outra.

      2. Peza de chumbo ou de ouro, plana e gravada, que se penduraba como selo das misivas oficiais e doutros documentos.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne do xénero Carex, da familia das ciperáceas, de talo sólido, triangular e sen articulacións e follas lineais. As flores, dispostas en espigas mestas, son unisexuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto monoico do xénero Buxus, de follas perennes, coriáceas e opostas, flores sen corola dispostas en acios axilares e froito nunha cápsula con tres cornos.

    2. Madeira deste arbusto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta da familia das cariofiláceas que presenta follas opostas, flores con cáliz tubular e froito en cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pau apoiado de forma horizontal en catro patas diverxentes, que serve de soporte para diversos usos como formar unha mesa ou un banco.

    2. Apoio en forma de tesoira cun traveseiro horizontal a media altura no que se coloca o lenzo para pintar.

    3. Monllos de canas de millo dispostos en forma de pirámide.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero, da familia dos équidos, herbívoro e gregario, de tamaño grande e extremidades longas, que só presenta un dedo desenvolvido, que está recuberto por un pezuño ou casco.

      2. Cabalo empregado para a carga ou o transporte.

      3. Cabalo que vive en estado salvaxe.

      4. Raza de cabalos autóctonos de Galicia que presenta individuos de corta alzada, de cor castaña, e a crina e a cola xeralmente negras.

      5. Cabalo que é de máis cores ca unha.

      1. Figura que representa un cabalo.

      2. Cada unha das catro pezas do xogo do xadrez, dúas brancas e dúas negras, que teñen a figura da cabeza dun cabalo. Segue un movemento en forma de L e pode saltar por riba doutras pezas.

      3. Carta da baralla que pertence a cada un dos catro paus que ten pintado un home a cabalo e que está marcada co número once.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito en pepónide da cabaceira, de forma e cor moi distinta segundo a variedade, e de sabor doce e prepárase sobre todo en especialidades reposteiras como o doce de cabaza.

    2. 2 cabaceira.

    VER O DETALLE DO TERMO