"par(a)" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 528.

    1. Pelo curto e suave.

    2. Pelo que cae da roupa ao cepillala ou a forza de usala.

    3. Po e sucidade que se acumula en currunchos e zonas inaccesibles sen limpar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasar pola peneira. Tm abs.

    2. Seleccionar ou limpar de impurezas.

    3. Camiñar movendo moito as cadeiras ou os ombros.

    4. Manterse queda unha ave no aire, asexando sen apenas mover as ás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar de ter algo.

    2. Deixar de ter algunha cousa por non saber onde se atopa.

    3. Quedar sen alguén a causa da morte ou doutro motivo.

    4. Non sacar proveito dalgunha cousa.

    5. Non conseguir ou non tomar partido dalgunha cousa por non chegar a tempo.

    6. Deixar sen a boa reputación a alguén. Tm v pron.

    7. erter un recipiente, xeralmente por estar furado, o contido que ten dentro. Tm abs.

    8. Chegar ao final dalgunha competición sen vantaxe sobre o contrario. Tm abs.

    9. Empeorar o aspecto ou a situación dunha persoa.

    10. Deixar de existir ou de manifestarse algunha cousa.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado que colocaba e facía estoupar os petardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cana pequena, xeralmente de cartón, cunha carga de pólvora ou algún outro explosivo, provista dunha mecha, que ao estourar produce moito estrondo.

    2. Fardo pequeno que contén un explosivo e que se emprega, facéndoo estoupar, para derribar obstáculos ou causar destrución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Limpar por medio de petróleo pulverizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Taco de madeira que se coloca nunha perna do cabalo para que non poida escapar.

    2. Póla pequena e delgada dunha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coller ou agarrar algo ou a alguén que vai escapando.

    2. Alcanzar algo ou alguén que vai diante.

    3. Sorprender a alguén nunha situación desfavorable ou nun delito.

    4. Alcanzar un vehículo a unha persoa ou animal.

    5. Coller un vicio ou unha enfermidade.

    6. Sobrevir a alguén unha cousa de forma inesperada.

    7. Atrapar algo entre dúas cousas de forma que quede apertado.

    8. Cazar ou pescar.

    9. Conseguir algo a cambio de diñeiro ou doutro modo.

    10. Lograr entender unha cousa.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Organismo que pertence ao reino vexetal, que son seres vivos autotróficos, xeralmente inmóbiles, ordinariamente de crecemento indefinido, e carentes de sistemas de relación. Actualmente considéranse só plantas aos organismos pluricelulares con cloroplastos e con paredes celulares celulósicas.

    2. Aspecto físico dunha persoa.

      1. Cada un dos pisos ou alturas dun edificio.

      2. Andar máis baixo dun edificio, situado ao nivel do chan.

    3. Gráfico con finalidades técnicas que representa unha construción ou unha parte, coas características xeométricas e dimensionais dos seus elementos visto desde arriba e a unha escala preestablecida.

    4. Proxección horizontal de calquera obxecto ou proxecto e que, cando se baixan os planos coordenados do diedro, pasa a ocupar a parte inferior da liña de terra.

    5. Conxunto de instalacións e maquinaria dunha industria.

    6. Cara inferior do pé, desde o talón ata as dedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utensilio, formado por un feixe de plumas atadas ao extremo dun mango, que serve para limpar o po.

    2. Estoxo onde se colocan as plumas de escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO