"MIT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2230.

    1. Cor da carne, especialmente da humana.

    2. Cor que imita a da pel viva nas figuras humanas das representacións pictóricas ou nas tallas policromadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se alimenta de carne.

    2. Aplícase á planta que atrapa pequenos animais, principalmente insectos, que lle proporcionan nutrientes.

      1. Relativo ou pertencente aos carnívoros.

      2. Mamífero da orde dos carnívoros.

      3. Orde de mamíferos que se caracteriza por: unha dentición na que destaca o gran tamaño dos caninos e a aparición de moas carniceiras; as mandíbulas, que só permiten movementos verticais de grande apertura; o aparato dixestivo sinxelo, pola facilidade de asimilación da súa dieta fronte aos animais herbívoros; o encéfalo desenvolvido, que coordina os reflexos e a intelixencia que precisa a vida depredadora; e a vista desenvolvida, incluso para condicións de pouca luz e o oído notable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato de madeira que consiste nunha roda dentada que bate cunha ou varias láminas e que produce un ruído moi característico.

    2. Roda dentada de determinados mecanismos e ferramentas que unicamente permite que esta xire sempre na mesma dirección.

    3. Peza de ferro do muíño situada sobre o pau do rodicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave acuática, da familia dos estérnidos, principalmente mariñas. Presentan na plumaxe nupcial un bonete negro que a finais do verán se reduce ao aparecer a fronte branca típica da plumaxe invernal. Teñen a cola en forma de galla e as ás longas e estreitas, o que lles permite un voo moi lixeiro.

    2. Carrán de peteiro de cor vermella, cola moi gallada e parte superior das ás de cor agrisada e o resto de cor branca, agás a cabeza negra e as patas que son de cor vermella no verán.

    3. Carrán de peteiro groso e negro, patas negras e cola agrisada e pouco gallada.

    4. Carrán que posúe o peteiro de cor vermella escura, meixelas brancas e peito escuro, e que na plumaxe nupcial presenta o corpo gris escuro e a mitra gris.

    5. Carrán, de peteiro negro coa punta de cor amarela, cabeza cunha pequena crista e partes superiores cinsentas e inferiores brancas.

    6. Carrán que na plumaxe nupcial presenta o corpo e a cabeza de cor negra e a parte superior das ás e da cola de cor agrisada.

    7. Carrán de plumaxe branca, coa cabeza de cor negra agás a fronte branca, e o peteiro amarelo coa punta negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cilindro de calquera material cun disco en cada extremo no que se enrola un fío, un cable, unha corda ou outro material flexible.

      2. Conxunto formado polo cilindro, fío, cable, película, fita ou outro material envolvido nel.

      3. Rolo de película fotográfica que vai introducido nun pequeno estoxo cilíndrico para que non lle afecte a luz exterior, provisto dun eixe que permite que a película do interior vaia desenrolándose.

    1. Instrumento, colocado na cana de pescar, provisto dun mecanismo que consiste nunha manivela coa que se fai xirar a bobina na que está debandada a sedela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marca de certa profundidade que deixa a roda do carro ou doutro medio de transporte nun camiño.

    2. Abertura que se fai nun valo ou muro dunha leira para dar paso aos animais, persoas e carros.

    3. Cada unha das dúas barras de aceiro laminado dispostas en paralelo e unidas rixidamente que constitúen unha vía férrea.

    4. Parte dunha calzada, delimitada xeralmente por unha banda lonxitudinal no chan, que está destinada á circulación de vehículos nun determinado sentido.

    5. iga ou calquera outro elemento ríxido polo que circula un vehículo ou un aparato móbil, ou que serve de guía para o desprazamento dunha peza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leito polo que discorre unha corrente de auga rápida e intermitente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de relevo orixinada por procesos de disolución das rochas calcarias, xesos ou dolomitas. Destacan os poljés, as dolinas, as simas e os canóns. A auga é o axente erosivo fundamental.

    2. Rexión de relevo cárstico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acordo limitado entre diversas empresas co fin de evitar ou reducir a competencia mutua, conservando a independencia técnica, económica e financeira.

    2. Agrupación de persoas con finalidades ilícitas, normalmente traficantes de droga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento reformista inglés promovido polas clases populares entre 1837 e 1848, apoiadas pola Asociación de Traballadores de Londres. En 1838 presentaron no parlamento a People’s Charter que reclamaba o sufraxio universal, o voto secreto e a limitacion das lexislaturas a un ano, pero o Parlamento nunca as aprobou.

    VER O DETALLE DO TERMO