"DOM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 774.

  • Técnica de diagnose prenatal que consiste na punción do cordón umbilical que se efectúa a través da parede abdominal da muller embarazada baixo control ecográfico, co fin de obter unha mostra do sangue fetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento aerófono que na súa forma máis simple está constituído por un tubo melódico, chamado punteiro, unido a un pequeno saco onde se almacena o aire, chamado fol e un tubo por onde se introduce o aire, chamado soprete. Foi evolucionando desde a forma máis primitiva e na Idade Media incorporáronselle diferentes elementos para mellorar a súa musicalidade: o roncón, que proporciona un baixo continuo, o ronquillo, que emite a nota dominante do punteiro, pero unha oitava máis baixa, e o chión, que completa o acorde da tonalidade da gaita.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave, da familia dos fasiánidos, que se caracteriza por ter unha cabeza  pequena, bico robusto e curto, unha crista carnosa e ás pequenas. A cor da plumaxe varía entre o branco, gris, amarelo, azul, vermello, castaño e negro. Críanse como animal doméstico para aproveitar a súa carne e os seus ovos, e son a especie animal que achega máis proteínas na dieta humana.

      2. Paxaro, da familia dos numídidos, da orde dos galiformes. Presenta a cabeza e o pescozo sen plumas. As plumas do corpo son de cor negra con manchas brancas.

      3. Galiña doméstica galega en perigo de extinción. Presenta formas arredondadas, peito amplo e grande abundancia de masa muscular en todo o corpo. Utilízase na produción dos afamados capóns de Vilalba.

      4. Ave acuática da familia dos rálidos, escura, coa parte inferior da cola branca, peteiro vermello coa punta amarela, patas e dedos longos e verdosos. No seu desprazamento na auga chama a atención o abaneo de cola e cabeza.

    1. Persoa que ten unha actitude covarde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Crustáceo da orde dos decápodos, que presenta un corpo alongado formado polo cefalotórax e o abdome, e un característico esqueleto externo de quitina de cor rosada ou vermella. Son animais mariños, aínda que existe algunha especie de auga doce.

    2. Gamba demersal que frecuenta os fondos fangosos e pode efectuar grandes desprazamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de gardar ou vixiar.

    2. Conxunto de soldados ou xente armada que se encargan de defender ou vixiar persoas ou lugares.

      1. Corpo armado que se encarga da vixilancia e defensa de algo ou de alguén.

      2. Individuo que pertence a algún de estes corpos.

      3. Instituto civil armado integrado nas forzas e corpos de seguridade do estado, que mantén unha estrutura xerárquica militar, e depende da dirección xeral de Seguridade do ministerio do Interior. Das súas funcións destacan a custodia das comunicacións terrestres, as costas, as fronteiras e as instalacións de interese nacional, a prevención do contrabando, o control das armas e explosivos e o cumprimento das disposicións vixentes sobre a conservación da natureza e o medio ambiente. Ademais, a Garda Civil de Tráfico ocúpase da vixilancia do tránsito interurbano.

      4. Milicia cívica francesa que se constituíu en París en 1789 co obxectivo de defender o país dunha posible volta á monarquía e dos intentos de insurrección das clases populares. Disolta por motivos políticos en 1827, foi reconstituída durante a Revolución de 1830 e tras a súa participación na Comuna de París suprimiuse en 1872.

      5. Corpo do exército romano que se ocupaba de custodiar os emperadores romanos.

      6. Conxunto de varios corpos do exército destinados a protexer o soberano e a súa familia.

      7. Rexemento, integrado na garda real, constituído por flamengos ou os seus descendentes.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación vexetal arbustiva, densa, formada por vexetais esclerófilos, de folla pequena e persistente, a miúdo dominada pola carrasca. É propia da rexión mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mozo novo.

    2. Mozo que realiza labores domésticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estado da materia en que as moléculas que o compoñen están pouco ligadas.

      2. Gas en que a interacción entre as súas moléculas é nula.

      3. Gas que presenta un comportamento que se aparta do dos gases ideais.

    1. Conxunto de partículas que se pode estudar mediante a aplicación das teorías da mecánica estatística.

      1. Mestura combustible de gases que se emprega para a produción de calor ou para a iluminación.

      2. Gas composto principalmente de hidróxeno e hidrocarburos que se obtén a partir do petróleo, e que se emprega como combustible doméstico.

      3. Mestura gasosa de hidrocarburos que se emprega na industria e nos fogares como fonte de enerxía.

    2. apores que se producen no estómago ou nos intestinos.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de movementos do nivel mariño provocados pola fusión ou a solidificación da auga mariña, que predominaron durante o Plistoceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Célula ou conxunto de células illadas ou agrupadas nun órgano determinado con función secretora, endócrina ou interna e exócrina ou externa, de substancias de tipo hormonal ou encimático.

    2. Glándula que segrega en gran cantidade substancias propias da célula.

    3. Glándula do aparato xenital feminino, que desemboca en cada costado do orificio vaxinal dalgúns mamíferos, e que segrega un líquido mucoso, destinado a lubrificar o aparato xenital no momento do coito.

    4. Glándula situada no duodeno e disposta en dúas capas separadas pola muscularis mucosae que intervén na formación do zume intestinal.

    5. Glándula situada baixo a próstata, que segrega un produto alcalino, viscoso e mucoso que lubrifica a uretra e contrarresta o seu pH ácido. OBS: Tamén se denomina glándulas bulbouretrais.

    6. Glándula tubulosa simple situada na derme da mucosa do tubo dixestivo, desde o píloro ata o intestino groso.

    7. Folículo sebáceo localizado entre a cartilaxe tarsal e a conxuntiva palpebral, que produce unha secreción especial que, ao secar, forma as lagañas.

    8. Glándula mucosa situada ao redor do orificio do colo uterino.

    9. Glándula situada na parte final da uretra feminina.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO