"xilo" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 104.

  • Composto formado por dous aminoácidos, que resulta da unión entre o grupo carboxilo dun aminoácido, co grupo amino do segundo aminoácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • sixilografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical CH 3 –CH 2 –O– derivado do alcohol etílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos compostos orgánicos que conteñen un (monofenois) ou varios (polifenois) grupos hidroxilo unidos a átomos de carbono dun anel bencénico ou de calquera outro ciclo aromático.

    2. Derivado monohidroxilado do benceno que se emprega na obtención de resinas sintéticas, na produción de nailon e determinados herbicidas e na preparación do ácido salicílico e da fenolftaleína. OBS: Tamén se denomina ácido fénico ou ácido carbólico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha metamórfica orixinada a partir de sedimentos arxilosos, compacta e de cor variable, que está constituída principalmente por cuarzo, mica e sericita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facies sedimentaria formada por capas alternas de gres arxiloso e de calcaria, de xisto lamoso escuro e de calcaria impura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico de carbono, hidróxeno e osíxeno, de fórmula xeral empírica C n (H 2 O) n ,  no que os átomos de carbono se unen a grupos hidroxilo e a radicais hidróxeno, onde ademais sempre existe un grupo cetónico ou un grupo aldehido. Tamén poden levar átomos de nitróxeno, de fósforo, e outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que ten dous grupos hidroxilo unidos a átomos de carbono distintos dunha mesma cadea alifática. Emprégase moito na industria automobilística, téxtil e do petróleo, como explosivos e en farmacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto constituído por un azucre que se une a un radical non carbohidratado. Denomínanse O-glicósidos se o enlace se pode dar entre un azucre e un alcohol ou un ácido carboxílico, e N-glicósidos se se orixinan por deshidratación entre o hidroxilo hemiacetálico e un grupo HN.

    2. Produto natural de estrutura glicosídica que ten o mesmo esqueleto fundamental ca os esteroides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha sedimentaria de cor gris, que se caracteriza por presentar abundancia de minerais inestables e fragmentos de rochas dentro dunha matriz arxilosa.

    VER O DETALLE DO TERMO