"ceto" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 213.

    1. Relativo ou pertencente aos ascetosporos.

    2. Protozoo da familia dos ascetosporos.

    3. Familia de protozoos exclusivamente parasitos, con esporas normalmente pluricelulares e sen filamentos polares nin túbulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ascomicetos.

    2. Fungo da clase dos ascomicetos.

    3. Clase de fungos, caracterizada pola formación de ascosporas.

    4. Fungo ascomiceto do que se descoñece a reprodución sexual e por tanto a produción de ascosporas. Viven principalmente saprofiticamente sobre follas e talos mortos ou parasitan plantas vivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente  aos auriculariais. 

    2. Fungo da orde dos auriculariais.

    3. Orde de fungos da clase dos fragmobasidiomicetos que presentan basidios septados transversalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto aromático heterocíclico constituído por un anel bencénico en que un dos átomos de carbono se substitúe por un de nitróxeno e outro, como mínimo, por un de nitróxeno, osíxeno ou xofre.

    2. Denominación xenérica dos compostos producidos cando reaccionan dúas moléculas de aldehido ou de cetona cunha de hidrazina, que dan lugar, respectivamente, ás aldazinas e ás cetazinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imina N-substituída, que se obtén por condensación dun aldehido ou dunha cetona cunha amina primaria. OBS: Tamén se denomina bases de Schiff.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cetáceo da suborde dos misticetos, da familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos que poden acadar ata os 30 m de lonxitude. Carecen de dentes e no seu lugar teñen barbas que actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente de krill. Durante o verán habitan nos mares fríos e durante o inverno nos temperados, onde nacen as crías.

    2. Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.

    3. Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.

    4. Balea, da familia dos escríctidos, de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente. Ten características anatómicas singulares e primitivas dentro das baleas.

    5. Balea ártica, da familia dos balénidos, de ata 20 m de lonxitude, que presenta manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades e ten o beizo inferior branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos balénidos.

    2. Mamífero da familia dos balénidos.

    3. Familia de mamíferos cetáceos da suborde dos misticetos que comprende diversas especies de baleas que posúen barbas longas e flexibles e as primeiras vértebras cervicais fusionadas. Carecen de aleta dorsal e de pregaduras baixo o pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos balenoptéridos.

    2. Mamífero da familia dos balenoptéridos.

    3. Familia de mamíferos cetáceos da suborde dos misticetos que comprende diversas especies do xénero Balaenoptera, denominadas máis propiamente rorcuais. Teñen as barbas máis curtas e ríxidas ca as dos balénidos, e as primeiras vértebras cervicais libres. Baixo o pescozo e o peito teñen unhas grandes pregaduras lonxitudinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extremidade inferior da cara baixo o labio inferior.

    2. Pelo que crece na rexión da cara correspondente ao maxilar inferior no home adulto.

    3. Nas embarcacións de aparello latino, pequeno cabo co que se liga o carro ao rodamento de proa.

    4. Cada un dos filamentos paralelos e dispostos nun mesmo plano a un lado e outro das raques das plumas das aves.

    5. Cada un dos filamentos que prolongan o casulo do gran do trigo e doutros cereais.

      1. Pequena cantidade dunha capa de cor ou de tinta pictórica que sobresae do límite lineal prefixado.

      2. Acumulación de recubrimentos pictóricos formada tras a moldura ou dentro da xunta que queda entre a moldura e a superficie dun retablo se o marco forma conxunto coa táboa.

    6. Baba que presenta o bordo dunha peza fundida ou cuñada.

    7. Desfeito producido na preparación e na fiadura do estame.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO