"RPR" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 289.

  • Doutrina de Averroes e dos seus partidarios, que fai referencia especialmente á súa interpretación de Aristóteles, e que afirma a creación eterna do mundo por parte de Deus, a existencia dunha xerarquía de intelixencias separadas e a teoría do intelecto axente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Danza escénica moi evolucionada e estruturada que se harmoniza con ritmos de obras orquestrais.

    2. Compañía de bailaríns que interpretan esta danza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Danza propia dos negros de Cuba, de ritmo binario.

      1. Tambor antillano.

      2. Frauta feita coa cana de bambú.

      3. Canto que procede dalgunhas rexións da zona occidental de África que os mulatos de New Orleans interpretaban como acompañamento de instrumentos de percusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que procura unha vantaxe, unha utilidade, unha satisfacción ou que é favorable ou conveniente.

      1. Aquilo que se axusta ao que se considera moralmente bo.

      2. Aquilo que constitúe a perfección dun ser, ben como tal, ben como o fin doutro ser que o desexa en tanto que pode satisfacer unha necesidade ou unha carencia.

    2. Aquilo material ou inmaterial que se pode posuír.

    3. Persoa á que se lle quere moito. OBS: Neste uso debe ir precedido de posesivo.

      1. Todo aquilo do que se pode dispoñer xuridicamente para obter un proveito ou unha utilidade.

      2. Ben aproveitado e de uso exclusivo da comunidade de veciños do concello onde se atopa.

      3. Ben perceptible por calquera dos cinco sentidos.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia ou doutrina que interpreta a realidade desde un punto de vista biolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudo das diferentes estruturas de tipo mecánico que existen nos seres vivos.

    2. Enfoque da bioloxía, asistida pola enxeñaría, que busca unha explicación mecánica dos fenómenos vitais que se producen nos seres vivos.

    3. Teoría da interpretación teatral en que a elaboración do personaxe se fai desde unha perspectiva construtivista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetir, a pedimento do público, a interpretación dunha peza musical ou doutro espectáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se queda embobada con calquera cousa que o sorprenda ou admire.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Artefacto de ferro ou doutro material resistente, de forma xeralmente esférica ou cilíndrica, cheo de pólvora ou doutro explosivo e provisto de mecha ou espoleta.

      2. Bomba cargada de materiais susceptibles de liberar dun xeito incontrolado a enerxía de fisión ou de fusión de determinados núcleos atómicos.

      3. Bomba cargada de microorganismos patóxenos susceptibles de ser espallados ao rebentar a carcasa do artefacto.

      4. Bomba incendiaria que contén unha substancia inflamable composta de gasolina e xabóns de aluminio que transforma o combustible nunha xelatina denominada napalm.

      5. Bomba de hidróxeno en que os compoñentes están dispostos de xeito que a penetración da radiación neutrónica é maior ca a producida pola explosión nuclear común.

      6. Bomba cargada dun produto químico de acción diversa que se dispón en forma de aerosol ou vapor ao estoupar o artefacto mediante a acción dunha carga explosiva auxiliar.

      7. Bomba nuclear baseada na fusión de núcleos atómicos.

      1. Artefacto ou material explosivo que se lanza ou se coloca coa man.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estilo pianístico para interpretar o blues.

    2. Xénero de baile de movemento rápido.

    VER O DETALLE DO TERMO