"ERS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 7543.

  • Lugar protexido dos fenómenos meteorolóxicos adversos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que proporciona calor.

    2. Que resgarda ou está resgardado das condicións climáticas adversas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer accesible aquilo que está pechado ou tapado, levantando, movendo ou extraendo aquilo que o pecha.

    2. Estender as partes dalgunha cousa de xeito que se incremente o seu tamaño.

    3. Accionar un dispositivo para poñer en marcha algo.

    4. Dar comezo unha actividade, poñer en marcha un negocio.

    5. Deixar ao descuberto algo, separando as partes que o pechan ou cobren.

    6. Facer unha incisión no corpo dun animal no transcurso dunha intervención cirúrxica.

    7. Ampliar as gretas que hai entre dúas táboas dunha embarcación de madeira para poder introducir a estopa.

    8. Producirse unha fenda ou abertura.

    9. Principiar algo as súas tarefas de xeito habitual.

    10. Estenderse os pétalos e sépalos dunha flor que permanecían pechados no abrocho.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ulto de pequeno tamaño que lles sae ás plantas e que logo pasa a converterse nunha nova póla, folla ou flor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir con broquel para defenderse. Tm v pron.

      1. Tirar cara a sotavento os puños da escota dos foques.

      2. Tirar cara a popa os penois de barlovento das vergas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura que consiste na supresión violenta da transición entre dúas ou máis ideas con obxecto de imprimir máis viveza ao diálogo.

    2. Fractura transversal dun óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción de planta semicircular cuberta mediante bóveda de cuarto de esfera ou bóveda de forno.

    2. Ábsida rodeada por diversas absidiolas, xeralmente en número impar.

    3. Ábsida de planta poligonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modo de gobernar en que predomina a vontade dunha soa persoa.

    2. Forma de goberno en que ningunha lei constitucional limita os poderes e facultades do soberano ou corporación dirixente.

    3. Sistema filosófico onde o absoluto é causa e efecto de todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de absorber.

    2. Penetración dunha substancia no seo doutra con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química.

      1. Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno de substancias procedentes do medio externo. 2 Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos.

    3. Fusión de empresas na que a dominante fai desaparecer a personalidade xurídica independente das outras.

    4. Perda de enerxía das ondas sonoras cando atravesan un medio ou se dispersan ao incidir sobre a superficie de separación de dous medios.

    5. Perda de intensidade dun feixe de radiacións ou partículas, producida ao atravesar un medio absorbente.

    6. Intercambio de calor e de traballo entre dous sistemas.

    7. Perda de enerxía experimentada polas ondas hertzianas a causa do choque cos ións da atmosfera.

    8. Substancia absorbente das radiacións ultravioletas que, ao ser engadida a un produto, o protexe desas radiacións e evita a súa degradación fotoquímica.

    9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abster ou absterse.

    2. Feito relacionado con non exercer o dereito de voto.

    3. Separación obrigatoria dun xuíz do coñecemento dunhas actuacións polo feito de considerar que concorren motivos de recusación legalmente establecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO