"Deo" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 403.

  • Pobo da Gallaecia, no Convento Xurídico Lucense, que debeu ocupar un espazo adxacente ao dos ártabros entre os ríos Mandeo e Eume e a serra da Loba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transportar ou extraer líquidos cun balde.

    2. Regar unha superficie con baldes de auga para limpala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de baldear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moverse as velas dunha embarcación.

    2. Saberse mover para conseguir o que se desexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Anaco de tea, habitualmente rectangular, fixado por un lado a un pau ou hasta e que serve como símbolo ou insignia dunha nación, estado, cidade, dinastía, autoridade, partido, asociación, ou como un signo para identificar situacións xurídicas, militares ou técnicas.

      2. Obxecto que reproduce o anterior en tea, papel ou outro material, empregado con fins diferentes.

      3. Pintura ou representación das cores da bandeira.

      4. Nacionalidade á que pertencen os buques mercantes que a portan.

    1. Causa ou ideoloxía defendida por alguén.

      1. Unidade militar que segue unha bandeira.

      2. Unidade militar equivalente a un batallón.

    2. Expedición exploratoria con finalidades económica. OBS: Tamén se denomina entrada.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de persoas que comparten unha mesma ideoloxía ou intereses afíns.

    2. Conxunto numeroso de aves pertencentes á mesma especie que voan xuntas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos batoideos.

    2. Peixe da superorde dos batoideos.

    3. Superorde de peixes da subclase dos elasmobranquios que comprende individuos de corpo comprimido dorsoventralmente, de cores escuras no dorso e brancas no ventre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de converterse en bipolar.

    2. Concentración das ideoloxías políticas dun país en dous bloques que se opoñen como polos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de bloquear.

    2. Operación militar dirixida a illar unha praza ou fortificación, impedindo que se comunique co exterior e que saian ou entren forzas.

    3. Operación pola que o exército dun estado intercepta as comunicacións no territorio doutro estado.

    4. Acción do estado para limitar o crecemento dunha ou de diversas variables económicas, mediante a conxelación ou a limitación dos seus aumentos.

    5. Alteración do pensamento en que se manifesta un grao máximo de inhibición mental, que comporta a ausencia de pensamentos novos nunha dirección determinada.

    6. Alteración fisiolóxica ou patolóxica que dificulta ou impide o funcionamento normal dunha estrutura ou dun corpo.

    7. Sinalización que se emprega nas liñas de ferrocarril para impedir que dous trens que circulan por unha mesma vía entren en colisión.

    8. Interrupción da corrente nun tubo electrónico ou nun dispositivo semicondutor.

    9. Emprego de pintura opaca sobre a superficie dun negativo para escurecer aqueles trazos non desexados.

    10. Situación en que cada un dos dous procesadores está agardando que o outro realice unha operación.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atacar con bombas un obxectivo.

    2. Lanzar moitos obxectos contra alguén.

    3. Agoniar a alguén con repetidas preguntas ou insultos.

    4. Dirixir un feixe de partículas ou de radiación sobre un branco material para inducir unha reacción nuclear ou estudar a difusión das partículas que resultan da colisión.

    VER O DETALLE DO TERMO