"Alca" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 478.

    1. Relativo ou pertencente aos álcalis.

    2. Cada un dos elementos do grupo IA da táboa periódica.

    3. Antiga denominación dos óxidos dos metais alcalinotérreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos metais calcio, estroncio, bario, radio e os seus compostos.

    2. Cada un dos elementos metálicos da serie: calcio, estroncio, bario e radio, pertencentes todos eles ao grupo IIA da táboa periódica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de álcalis nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos alcaloides.

    2. Nome xenérico de substancias orgánicas nitroxenadas, de carácter básico que teñen, en xeral, marcados efectos fisiolóxicos sobre o home e os animais. En medicina son moi utilizados polos seus efectos farmacodinámicos intensos e variados, e tamén pola súa acción quimioterápica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección patolóxica motivada por un exceso de alcalinidade no solo.

      1. Autointoxicación orgánica con alteración do equilibrio ácido-básico do organismo caracterizada por un predominio dos catións.

      2. Alcalose caracterizada pola presenza dun exceso de bases ou pola perda de ións hidróxeno.

      3. Alcalose debida fundamentalmente a unha hiperpnea que conduce a unha eliminación excesiva de anhídrido carbónico con produción de hipocapnia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Distancia ata a que se pode chegar a tocar ou obter unha cousa, os efectos ou a súa influencia.

    2. Relevancia ou importancia dunha cousa ou feito.

    3. Capacidade de entendemento.

    4. Audiencia total dun anuncio ou campaña.

    5. Saldo dunha conta debedora.

      1. Distancia ata a que chega o efecto eficaz dunha radiación.

      2. Distancia máxima á que resulta posible sentir unha acción física.

      3. Distancia horizontal entre o punto de orixe e o punto de caída dun proxectil.

    6. Conxunto de todos os valores que unha función asigna a unha variable.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Percha para colgar as aves de cetrería.

    2. Percha para colagar a roupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia branca, cristalina e recendente, que se obtén a partir da madeira da canforeira. Emprégase como plastificante da celulosa e os seus éteres úsanse na fabricación de plásticos, lacas e vernices, en explosivos, pirotecnia e como bactericida en produtos farmacéuticos e cosméticos.

    2. Derivado do alcanfor por substitución dun átomo de hidróxeno por un de bromo. Emprégase principalmente como sedante nervioso, antiespasmódico e anafrodisíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impregnar calquera cousa de alcanfor.

    2. Tratar calquera cousa con alcanfor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore da familia das lauráceas. Todas as partes do vexetal teñen abundantes células secretoras, que producen, entre outras substancias, o alcanfor.

    VER O DETALLE DO TERMO