"Pula" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 416.

  • Fenómeno histórico mesianista que se produciu a raíz da crenza popular portuguesa de que o rei Sebastián I non morreu na batalla de Qsar el Kebir (1578), xa que fundamentaron a esperanza de independencia de España no retorno do rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrofa de catro versos, heptasílabos os impares e pentasílabos con rimo asonante os pares.

      1. Canción popular española, de carácter alegre e vivo, que se acompaña de guitarra e castañolas.

      2. Baile que corresponde a este canto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra que pola súa introdución tardía na lingua ou por calquera outra causa non sufriu unha evolución fonética completa e presenta un estadio máis evolucionado ca o cultismo e menos ca un vocábulo popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Existir ou ter realidade.

    2. Ter lugar ou acontecer algo.

    3. Serve de cópula entre o suxeito e o atributo, facendo recaer no primeiro a calidade ou circunstancia que indica o segundo.

    4. Proceder ou ter orixe.

    5. Estar feito do material que se refire.

    6. Formar parte dun grupo, en particular dunha familia, ou ter algún tipo de parentesco con alguén.

    7. Pertencer a unha determinada familia.

    8. Custar ou ter un prezo determinado.

    9. Marcar un reloxo ou un calendario a hora e a data.

    10. Indica, nas construcións adverbiais, sobre todo tempo ou lugar

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliqueto sabélido, sedentario que pertence ao xénero Serpula, da familia dos serpúlidos e que presenta un opérculo cartilaxinoso formando un funil sobre un pedúnculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición poética semellante a unha serranilla.

    2. Canción popular castelá ou andaluza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comedia musical alemá (s XVII), que se baseaba en melodías populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adenoma das glándulas sudoríparas que se caracteriza pola erupción de pequenas pápulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monotipo de balandro para dous tripulantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carga engadida á carga ordinaria.

    2. Impresión tipográfica de carácter oficial, que se fai sobre un selo para aumentar o valor ou modificar o uso.

    3. Exceso de carga fiscal, deducida da comparación entre os cocientes dos impostos pagados e os da renda ou ingresos do contribuínte.

    4. Corda que ata a carga ás cabalarías.

    5. Exceso de traballo que debe realizar alguén.

    6. Mandatario que exerce a bordo dun barco as funcións administrativas que lle confiaran o armador ou os cargadores.

    7. Membro da tripulación dun avión, encargado de tarefas auxiliares.

    VER O DETALLE DO TERMO