"Az" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3964.

  • Áncora de tres ou catro brazos coa que se fondean pequenas embarcacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encima de síntese capaz de polimerizar os ribonucleósidos trifosfatos e formar polirribonucleósidos utilizando como molde o DNA ou o RNA.

    2. Encima RNA-polimerase de transcrición que require un molde de DNA, catro ribonucleósidos trifosfatos e catións divalentes. OBS: Tamén se denomina transcriptase.

    3. Encima RNA-polimerase implicada na réplica do virus de RNA de dobre cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Máquina de aspecto humano, capaz de moverse, executar operacións ou falar.

      2. Máquina automática capaz de manipular obxectos e executar operacións e movementos diversos segundo un programa, e que pode ir equipada con sensores para detectar os sinais de entrada e as condicións ambientais.

    1. Persoa que actúa como unha máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea ou herba de forma redondeada que se coloca na cabeza para levar un peso.

    2. Trapo usado para limpar.

    3. Utensilio para mazar o leite.

    4. Insignia circular de cor vermella ou amarela que tiñan que levar os xudeus sobre o seu vestido como distintivo na Idade Media.

    5. Escudo circular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedir algo como graza ou favor ou con humildade. Tm abs.

    2. Dirixir unha súplica a Deus. Tm v i.

    3. Ofrecer a alguén algo que se quere dar ou vender.

    4. Ofrecerse para prestar axuda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Balanza portátil formada por unha barra con dous brazos desiguais, que descansa sobre un fulcro e que se sostén coa man mediante unha argola.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Roma ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Roma.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo romano.

      2. Individuo do pobo romano.

      3. Pobo de raza indoeuropea habitante da cidade de Roma.

      1. Relativo ou pertencente aos territorios do Imperio Romano ou aos seus habitantes.

      2. Condición xurídica propia dos nacidos na cidade de Roma e que adquiriron despois, gradualmente, os nacidos noutras terras do Imperio Romano.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento artístico e espiritual que se carcterizou pola vitoria do sentimento e da fantasía sobre a razón, polo retorno ao catolicismo e por unha exaltación dos valores culturais e nacionais e que se desenvolveu en Europa entre as últimas décadas do s XVIII e durante o s XIX e determinou unha renovación profunda na literatura e noutras manifestacións da arte e da vida.

    2. Calidade de romántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Festa popular arredor dun lugar santo.

      2. iaxe de peregrinos que van a un ou máis centros de devoción.

    1. Afluencia continuada de xente a un lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto perennifolio, da familia das lamiáceas, moi aromático, que presenta follas endurecidas e lineares, coas marxes revolutas, flores azuladas, reunidas en ramalletes axilares, e froito en tetraquenio e que se emprega principalmente como condimento.

    VER O DETALLE DO TERMO