"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

  • Composto aromático heterocíclico caracterizado por un anel de pirrol no que un ou máis dos seus átomos de carbono son substituídos por un de nitróxeno, osíxeno ou xofre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte superior dunha casa, plana e descoberta, disposta para poder andar por riba dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cecidio que se orixina como resposta a unha invasión bacteriana e que se produce moitas veces sobre un tecido lignificado, como os producidos por bacterias do xénero Pseudomonas na oliveira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Badeguliano.

      1. Facies local anterior ao Solutriano, definida no xacemento de Badegoule (Dordogne).

      2. Facies local protomadaliana (18000 - 17000 BP), posterior ao Solutriano e definida no xacemento de Badegoule (Dordogne). OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos baguirmis.

    2. Individuo do pobo baguirmi.

    3. Pobo islamizado do Chad meridional, composto por agricultores e gandeiros sedentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode bailar ou que foi composto para bailar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de descender a un nivel máis baixo algunha cousa.

    2. Cesamento de xeito temporal ou definitivo nun corpo, emprego, profesión, cargo ou posto de traballo.

    3. Perda dun individuo para o servizo activo.

      1. Declaración pola que unha persoa, unha industria, un vehículo ou calquera elemento, quedan excluídos dun padrón, dun censo, dun rexistro ou outros.

      2. Declaración facultativa pola que o traballador cesa temporalmente da súa actividade laboral como consecuencia dunha enfermidade ou dun accidente.

      1. Diminución do valor dalgunha cousa no mercado.

      2. Descenso de tipo xeral na cotización dos valores bolsistas.

    4. baixamar.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten pouca altura.

    2. Que está situado nun nivel inferior ao normal.

    3. Que está en dirección á terra ou cara ao solo.

    4. Que presenta un prezo inferior ao habitual.

    5. Que presenta pouca intensidade. Tm adv.

    6. Que é de pouca categoría ou importancia.

      1. Aplícase ao período cronoloxicamente posterior, tardío ou próximo ao final, referido a unha época histórica.

      2. Aplícase á estación ou a unha tempada en que hai menos concorrencia de xente.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Proxectil macizo das armas de fogo portátiles.

      2. Bala explosiva de fusil, de chumbo recuberto de aceiro e con dúas estrías entrecruzadas na punta que, no momento do impacto, proxecta o chumbo no interior do corpo en que penetra producindo feridas con esgazadura.

      3. Bala que chega ao obxectivo sen forza para ferir.

      4. Bala que, fóra da zona de combate, chega a un punto nos límites do alcance máximo.

    1. Conxunto de monllos de diversos cereais amoreados e dispostos na leira para logo ser levados ás eiras onde pasarán a formar parte da meda.

      1. Chumbo do extremo do escandallo.

      2. Sonda que serve para medir a profundidade da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento de inclinación dun corpo alternativamente a un lado e a outro dun punto fixo.

    2. Confrontación do activo e do pasivo dun negocio para coñecer o seu estado.

    3. Comparación dos feitos favorables e desfavorables dunha situación.

    4. Movemento de oscilación dunha aeronave ou embarcación ao redor do seu eixe lonxitudinal.

      1. Documento contable que resume os datos referentes ás operacións administrativas dun patrimonio de acordo cun sistema de contas determinado.

      2. Estado extractado ou derivado de anotacións contables a partir do que se fai constar, se comproba ou se demostra a exactitude de ditas anotacións ou dun resultado da xestión da empresa.

      3. Rexistro de todos os activos netos das unidades económicas do país que, en conxunto, forman o capital nacional.

      4. Estado que expresa o movemento positivo e negativo dos elementos da conta, de perdas e ganancias, durante o exercicio.

      5. Síntese do balance xeral en que se presentan as contas en grandes grupos patrimoniais e normalmente ordenadas no activo e no pasivo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO