"ORGA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1298.

    1. Forma de organización social e económica que pretende un modo de vida alternativo ao tradicional e practica a vida en comunidade.

      1. Conxunto de veciños dun territorio, membros dun estamento ou mestres dun oficio, representados por unha corporación que antigamente tamén se chamaba universidade.

      2. Municipio representado polo seu concello nalgúns países de América Latina.

    2. Circunscrición administrativa de primeira orde de Liechtenstein, equivalente a un municipio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que se posúe entre varios.

    2. Reunión dos que viven en común.

      1. Grupo social caracterizado por un vínculo territorial e de convivencia ou por unha afinidade de intereses e de conviccións ideolóxicas, sociais, políticas ou relixiosas.

      2. Membros dunha igrexa particular que pertencen a unha orde determinada e viven nun convento.

      3. Unión, baixo un réxime administrativo común, dunha cidade ou vila coas poboacións situadas no seu termo.

      4. Entidade dotada de autonomía política na que se constitúen as nacionalidades e rexións de España para o exercicio do dereito de autogoberno que lles recoñece a Constitución de 1978.

      5. Grupo de investigadores e científicos de calquera disciplina ou especialidade ou dun determinado ámbito xeográfico.

      6. Propiedade ou dominio dunha cousa ou dereito, compartida entre diversas persoas.

      7. Forma de organización do patrimonio da sociedade conxugal, que se caracteriza por agrupar nunha masa común todos ou unha parte dos bens e propiedades dos cónxuxes de modo que as rendas se destinen a soportar os gastos do matrimonio.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos departamentos nos que se organiza a administración municipal.

    2. Cargo de concelleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Entidade local básica da organización territorial do Estado. Posúe personalidade xurídica e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins e conta cun territorio sobre o que exerce a súa xurisdición.

    2. Conxunto de persoas que ten ao seu cargo o goberno municipal formado polo alcalde e os concelleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de concentrar ou concentrarse.

    2. Agrupamento de persoas nun lugar coa finalidade de manifestarse.

      1. Proceso mediante o que se incrementa a cantidade dunha substancia que existe nun volume de espazo.

      2. Cantidade dunha substancia nunha unidade de mestura, solución ou mineral que a contén.

    3. Proporción, en relación co espazo circundante, dun fenómeno determinado e cuantificable rexistrado nun territorio concreto.

    4. Acumulación nun organismo vivo ou na cadea trófica de concentracións elevadas dun composto químico que está presente no medio dunha concentración relativamente baixa.

    5. Fenómeno característico do capitalismo que define unha das súas primeiras etapas de desenvolvemento, iniciada na Idade Media.

    6. Acumulación dos tres poderes (lexislativo, executivo e xudicial) nun poder único, propia de réximes totalitarios.

    7. Proceso xurídico a través do que se fusionan as actividades de dúas ou máis empresas, con perda da personalidade xurídica dalgunha delas.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reducir a concepto algunha cousa.

    2. Organizar conceptos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de condicionar.

    2. Modificación do comportamento, propia dos seres con capacidade de aprendizaxe, en función da experiencia.

    3. Modificación da estrutura e da composición química do medio causada polos organismos que habitan nel.

    4. Influencia do contexto lingüístico sobre as variacións que poida ter unha unidade lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conducir.

    2. Conxunto dos condutos e accesorios que, dispostos adecuadamente, constitúen unha instalación lineal ou unha rede para o transporte e a distribución dun fluído.

    3. Nome xenérico dalgúns fenómenos de transporte (de enerxía, carga ou materia) case exclusivos da materia condensada.

      1. Propiedade dalgunhas estruturas do organismo de transmitir os estímulos.

      2. Transmisión dos cambios eléctricos que, orixinados no nódulo do seo auricular, dan lugar ás contraccións cardíacas.

      3. Transmisión dos impulsos electroquímicos polas células excitables do organismo a través dos cambios de permeabilidade nas súas membranas.

      4. Transmisión do son a través dos ósos do cranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de manexarse ou actuar.

    2. Actividade motora ou glandular que provoca un cambio ou transformación do organismo en que se produce ou no medio en que se desenvolve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filosofía da ciencia que sostén que a psicoloxía é o estudo da conduta do individuo en interacción co medio natural, entendendo por conduta o funcionamento total e unificado dun organismo, humano ou non.

    VER O DETALLE DO TERMO