"Egan" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 497.

    1. Conxunto de puntos do plano ou do espazo que son a imaxe, para unha aplicación continua, do conxunto dos números reais.

    2. Trazo que representa unha liña.

    3. Trazo dun grosor moi pequeno en relación coa súa lonxitude.

    4. Curvas de nivel que se corresponden a cotas expresadas en valores negativos, contados a partir da superficie do mar.

    5. Liña imaxinaria que une os puntos dunha costa en preamar ou en baixamar que teñen lugar á mesma hora.

    6. Lugar xeométrico dos puntos de contacto de dous perfís conxuntados dos dentes dunha engrenaxe durante o movemento.

    7. Liña dun campo vectorial na que os vectores que corresponden aos seus puntos son tanxentes a ela.

    8. Liña que, no seo dun fluído en movemento, nun instante determinado, é tanxente, en cada punto, ao vector velocidade do fluído neste punto.

    9. Liña de contacto entre a costa e o mar, que pode presentar diversas formas segundo o tipo de costa.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Grupo de organismos de natureza dobre, constituídos por células dunha alga enlazadas polas hifas dun fungo. A alga recibe do fungo sales minerais disoltas, e o fungo colle da alga substancias orgánicas, das que se alimenta.

      2. Organismo da clase dos liques.

      3. carragheen.

      4. Lique terrícola fruticuloso de cor verdosa ou castaña, propio de rexións frías ou montañosas, que contén polisacáridos que se empregan en farmacia e como alimento.

    1. Nome xenérico de diversas dermatoses populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de moverse dun lugar a outro.

    2. Manifestación da posibilidade que teñen os animais de moverse dun lugar a outro empregando medios propios.

    3. Tipo de vehículo que se utiliza para desprazar ou trasladar mercadorías ou persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfrontarse dous ou máis individuos empregando a forza.

    2. Esforzarse por conseguir ou superar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lubrica.

      1. Aplícase á substancia empregada para lubricar. Consiste xeralmente en aceite ou graxa mineral, vexetal ou animal, pero tamén se empregan substancias sólidas minerais, aire ou auga. A propiedade máis característica dos lubricantes é a viscosidade.

      2. Lubricante que se obtén por síntese química e aditivos para mellorar o seu uso. Pode conter aceite mineral para mellorar a mestura.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Molusco mariño da clase dos cefalópodos, de corpo alongado, con oito brazos e dous tentáculos moito máis longos ca estes, dúas aletas triangulares na parte posterior e unha cuncha interior en forma de cuña, delgada e transparente. Ten unha bolsa interna onde acumula unha substancia negra denominada borra, que lle serve para escurecer a auga e evitar que o vexan.

      2. pota.

      3. Cefalópodo do xénero Architeuthis, da familia dos ommatostrécidos, de ata 15 m de lonxitude que vive a profundidades de ata 1.000 m.

      4. Molusco cefalópodo dibranquio que comprende diversas especies mariñas, litorais e peláxicas, de corpo alongado cunha cuncha córnea moi semellante a unha pluma, situada dentro do manto e en posición dorsal, dúas aletas triangulares situadas a cada lado do corpo e que chegan ata a metade do manto.

    1. Moco que pinga do nariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de enerxía, que é capaz de impresionar os órganos da vista e permitir ver os corpos que a emiten, constituída por radiacións electromagnéticas e ocupa un intervalo moi pequeno no espectro electomagnético coñecido. É unha forma de enerxía radiante que se presenta simultaneamente en forma de partículas (fotóns), e en forma de ondas.

    2. Cantidade de electricidade que atravesa a sección dun condutor na unidade de tempo.

    3. Luz producida por un aparato de iluminación. Segundo a enerxía empregada para producila fálase de luz eléctrica ou de gas.

    4. Luz que non produce ningunha sensación de cor definida. Trátase dunha luz policromática máis ou menos semellante á luz solar.

    5. Luz que procede do foco luminoso sen reflexións nin difusións intermedias.

    6. Luz que se produce por luminiscencia.

    7. Luz que chega ao obxecto iluminado despois de ser difundida ou reflectida.

    8. Luz constituída por ondas electromagnéticas da mesma frecuencia.

    9. Luz emitida por unha fonte luminosa natural. A máis corrente e útil é a que provén do Sol, que se denomina tamén luz solar ou de día.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Martelo grande de ferro, de forma normalmente cadrada, coas dúas bocas iguais e mango curto, que empregan os canteiros para traballar a pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Muller que posúe unha certa elegancia.

    2. Artefacto pirotécnico con forma de muller que adoita queimarse nas festas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fala empregando palabras mal soantes, soeces ou con falta de respecto.

    VER O DETALLE DO TERMO