"Terc" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 452.

    1. Relativo ou pertencente ao Mioceno.

    2. Época e serie do Terciario Superior, comprendida entre o Oligoceno e o Plioceno, que comezou hai 24,6 M a e rematou hai uns 5,1 M a. Foi unha época de tranquilidade tectónica, o clima foise arrefriando progresivamente e é o período do Terciario durante o que os mamíferos se desenvolveron máis. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obra que se encarga a alguén para que a cumpra.

      2. Función que realiza unha persoa ou cousa.

    1. Grupo de persoas que se despraza a un lugar para realizar un traballo determinado.

      1. Envío de sacerdotes e misioneiros, xeralmente a novas terras, para propagar unha doutrina relixiosa.

      2. Acción creadora e histórico-salvífica, na doutrina trinitaria, da segunda e a terceira persoa da Trindade no sentido de que o Pai envía ao Fillo e ao Espírito Santo coa palabra de Deus e como principio de vida nova para os homes.

      3. Serie continuada de prédicas, leccións doutrinais e exercicios piadosos que fan durante algúns días nunha parroquia ou localidade un ou varios sacerdotes.

      1. Encargo particular que fai o Estado a algún organismo civil ou privado.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mistacocáridos.

    2. Crustáceo da clase dos mistacocáridos.

    3. Clase de crustáceos, do subfilo dos mandibulados, que presentan o corpo de tamaño microscópico e vermiforme e habitan na zona intercotidal das praias areosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de metal cuñada pola necesidade dos intercambios, con aliaxe, título, peso e valor establecidos. Introducida polos gregos (s VIII a C), difundiuse por todo o mundo antigo.

    2. Parte da oferta monetaria dun país, composta de billetes e moeda metálica.

    3. Unidade monetaria propia dun país.

      1. Moeda que pode ser intercambiada polo seu detentor polo equivalente en moeda doutro país ao tipo de cambio establecido entre ambas as dúas.

      2. Moeda que ten un valor inestable ou unha tendencia a perder o seu valor constantemente en relación coas fortes.

      3. Moeda que ten un valor estable no mercado internacional de cambios ou unha consolidada tendencia a revalorizarse respecto ás outras moedas.

      1. Representación dun valor monetario moi superior ao da moeda corrente, usado para expresar cantidades moi elevadas.

      2. Moeda de ínfimo valor.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facies e formación sedimentaria que corresponde a unha da últimas do ciclo xeosinclinal da oroxénese, nas fosas marxinais das cordilleiras. Son típicas do Terciario e chegan a ter grosores importantes (de 5.000 a 8.000 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monte de esterco nunha leira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de vexetais cortados que se bota nas cortes para que o gando estea seco e faga esterco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Décimo terceira letra do alfabeto galego, denominada eñe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas do Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei (NSDAP) que, dirixido por A. Hitler, dominou Alemaña desde 1933 ata 1945. Os puntos básicos da súa ideoloxía eran o racismo, a idea do Terceiro Reich, a apoloxía da violencia e da guerra e o antisemitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema económico capitalista, empregado entre a década de 1950 ata 1973, cuxas características máis importantes foron un avance tecnolóxico ininterrompido e unhas relacións de explotación cos países do Terceiro Mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO