"PCI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 560.

    1. Pedra lisa e plana ou grupo de pedras unidas e levantadas a pouca altura sobre o nivel do chan onde se acendía o lume nas casas tradicionais.

    2. Base de pedra que forma o piso do forno onde se coce o pan.

    3. Casa onde nacen e viven varias xeracións dunha familia.

    4. Divindade do fogar ou lar na antiga Roma, que tiña a función de protexer as encrucilladas, murallas, recintos domésticos e, nalgúns casos, ata unha colectividade. Distinguíanse os lares compitales, os lares familiaris e os lares praesites. OBS: Nesta acepción adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á larinxe.

    2. Aplícase á articulación producida na zona da larinxe mediante unha interrupción da corrente expiratoria polas cordas vocais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Material fundido que xorde dos volcáns no momento da erupción e forma ríos que baixan polas vertentes do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero do xénero Lepus, da familia dos lepóridos, con patas e orellas bastante longas, tendo estas últimas os extremos negros.

      2. Lebre de cor parda amarela cunha zona branca no ventre. Presenta unha franxa clara distintiva na cara, entre os ollos e a parte inferior das meixelas. Atópase unicamente na Península Ibérica.

      3. A maior das lebres presentes na Península Ibérica, que chegou a medir 55,8 cm de corpo e pesar 4,4 Kg. Distribúese pola maior parte de Europa e parte de Asia, con excepción de Escandinavia, norte de Rusia e illas Británicas.

      4. Lebre de pelaxe parda, con tons amarelos no lombo, e branca no ventre. Posúe unha mancha branca na parte posterior das extremidades. Ten hábitos nocturnos e solitarios, e a súa alimentación consiste basicamente en poáceas. É un endemismo ibérico.

    1. Molusco gasterópodo, da familia dos aplísidos, de forma maciza e co dorso moi alto e con dous pregamentos dérmicos do manto que o recobren completamente xunto coa cuncha. Habita sobre rochas cubertas de algas das que se alimenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Leniano.

    2. Terceiro piso do Cámbrico Inferior, que xace sobre o Atdabaniano e baixo o Elaniano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúsculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de provocar ou posibilitar a corrupción.

    2. Acción de incitar a unha muller a que manteña relacións sexuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao levalloisiano.

    2. Industria lítica do Paleolítico Medio, que se caracteriza pola obtención de lascas que proceden de núcleos especialmente preparados. OBS: Nesta acepción adoita en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coñecedor ou profesor do dereito romano, en oposición ao canonista. Proliferaron despois da recepción do dereito romano durante a Idade Media e propugnaron o aumento do poder real e do brazo popular ou real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira serie e idade do Xurásico, entre o Triásico Superior e o Xurásico Medio. Comprende o Hettanxiano, O Sineuriano, o Pliembachiano e o Toarciano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de follas de papel ou doutro material, manuscritas ou impresas, cosidas, pegadas ou fixadas entre si por calquera outro sistema, e encadernadas, destinadas á lectura.

    2. Publicación non periódica que ten máis de 48 páxinas.

    3. Reunión de documentos ou informes, en forma de libro, sobre un tema de actualidade, publicados, xeralmente, por algún organismo.

    4. Coleccións de documentos políticos editados por diferentes estados para informar sobre un tema, defenderse de acusacións doutros estados ou acusar a algún de agresión, de ilegalidade ou de non respectar un pacto.

    5. Libro en que se rexistra a cantidade e a natureza das mercadorías que transporta unha nave, así como o nome dos pasaxeiros.

    6. Libro en que se fai constar as decisións que adopta un tribunal, que non segue o procedemento, a vista e a sentenza dun asunto.

    7. novela de cabalerías.

    8. Rexistro en que se recollen as entradas e saídas de diñeiro dunha empresa con indicación da data da operación.

    9. Libro en que se rexistran os libros dunha biblioteca.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO