"ELAS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1060.

    1. Embarcación con tres mastros (trinquete, maior e mesana), na que o maior leva velas cadradas e o de mesana velas de coitelo.

    2. Antigo navío de guerra de tres mastros e menor ca a fragata.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave do xénero Corvus, da familia dos córvidos, de aspecto groso, peteiro forte, máis longo ca o resto da cabeza, e plumaxe negra con irisacións. Aliméntase de pequenos animais ou de sementes e froitos, emite voces graves e forma parella de por vida.

      2. Corvo de cola de bordo recto, amplamente distribuído pola rexión paleártica. Existen tres subespecies que se diferencian principalmente pola cor do ventre.

      3. Corvo de plumaxe totalmente negra e coa cola en forma de cuña.

      1. Ave acuática, da familia dos falacrocóridos, que presenta plumaxe negra brillante, pescozo longo, cunha pequena bolsa na gorxa moi vascularizada, que empregan para termorregularse, e as patas en posición moi atrasada e con membranas interdixitais. Viven en augas continentais ou no litoral mariño.

      2. Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta unha pequena curupela.

      3. Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta o queixo e as meixelas de cor branca.

      4. Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta cabeza redonda e o peteiro non moi longo e escuro, pescozo máis curto ca outros corvos mariños e cola longa.

    1. cornizó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado a unha zona celeste como unha galaxia, unha constelación ou un grupo de estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espazo comprendido entre o mar e as terras emerxidas, en continua trasformación.

      2. Zona do mar achegada á terra.

    1. Pendente dun terreo.

    2. Forma característica que resulta da erosión diferencial de estratos densos e brandos, xeralmente pouco inclinados.

      1. Parte posterior do corpo dos mamíferos, desde os ombreiros ata a cintura pelviana.

      2. Costelas dos mamíferos e a parte do corpo onde están.

    3. Estilo de natación no que o corpo está boca arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás costelas ou aos costados.

    2. Saco, usado para o transporte de distinos xéneros, que adoita levarse ás costas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Óso plano e arqueado que forma as paredes da cavidade torácica e que serven para protexer os pulmóns e o corazón.

      2. Costela inferior e máis pequena do costelar.

    1. Óso de certos animais coa carne pegada, que se toma como alimento.

      1. Calquera peza con forma similar a unha costela do corpo.

      2. Cada unha das tiras que constitúen as canizas do carro.

      3. Elemento estrutural das superficies de sustentación e de mando dunha aeronave, que fai de soporte do revestimento.

      4. caderna.

    2. Prominencia elevada e alongada que resalta na superficie de froitos e follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado nas costelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto das costelas dun animal ou dunha persoa.

    2. Parte do corpo onde están as costelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte superior dunha planta, especialmente do millo, despois de quitarlle o pendón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de algodón feito con urdido de fío retorcido polos dous lados sen preparar nin tratar, que se emprega na confección de velas de barcos e toldos.

    VER O DETALLE DO TERMO