"PRI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3020.

    1. Relativo ou pertencente ao Ypresiano.

    2. Primeiro piso do Eoceno Inferior Mariño, comprendido entre o Tanetiano e o Luteciano. É equivalente ás etapas Ilerdiano e Cuisiano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria principal de Zaire desde 1971 ata 1997.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de madeira, fixada á roda de proa dunha embarcación, que serve de reforzo.

    2. Peza de madeira do freo do carro que está colocada na parte curva sobre a camba da roda co fin de freala impedíndolle a viraxe.

    3. Peza que ao ser aplicada con forza sobre un móbil, reduce a súa velocidade ata frealo.

    4. Bloque que transmite ao terreo a carga que recibe mediante o ensanche da superficie respecto do elemento construtivo sostido.

    5. Pedra interior da soleira da porta.

    6. Peza horizontal posta enriba dun pau dereito ou dunha columna que soporta unha trabe ou outro elemento horizontal.

    7. Peixe cartilaxinoso, da familia dos esciliorrínidos, que ten o corpo alongado, fociño comprimido e estreito, fendas branquiais moi pequenas e aletas pélvicas pequenas e angulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zeiformes.

    2. Peixe da orde dos zeiformes.

    3. Orde de peixes, da subclase dos actinopterixios, que presentan o corpo comprimido e cuberto de grandes escamas ctenoides e uns raios espiñosos fortes e longos nas aletas dorsal e anal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniato hidratado de cobre e uranio, que cristaliza no sistema tetragonal en cristais tabulares ou prismáticos de cor verde esmeralda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dinastía ziyadita.

    2. Membro da dinastía ziyadita.

    3. Primeira dinastía musulmá que gobernou sobre unha boa parte do territorio de Iemen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade administrativa territorial de primeiro grao de China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria principal de Polonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Banda da esfera celeste, atravesada lonxitudinalmente pola eclíptica, que a divide en dúas metades iguais. Os antigos consideraban o zodíaco dividido en 12 rectángulos, coñecidos como signos ou constelacións, e chamados Aries, Tauro, Xémini, Cáncer, León, Virgo, Libra, Escorpión, Saxitario, Capricornio, Acuario e Pisces.

    2. Gráfica circular onde están representados os signos zodiacais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo terpénico bicíclico insaturado, principal constituínte da esencia de trementina.

    VER O DETALLE DO TERMO