"ob" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 10908.

    1. Plantar un terreo con bacelos ou cepas novas.

    2. Dobrar e enterrar unha póla o tempo suficiente ata que arraigue para logo cortala e formar unha planta nova e independente.

    3. Arrimar terra ao redor do pé dunha árbore ou planta de xeito que o cubra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato simple de cálculo que consiste nun taboleiro provisto de arames paralelos, con bólas perforadas que permite facer todas as operacións aritméticas básicas.

    2. Libro que ensinaba a ciencia matemática e a calcular.

    3. Peza prismática de volume cuadrangular en forma de táboa que, sobre o equino, coroa o capitel e serve de asentamento á arquitrabe, ao tempo que protexe a decoración do capitel.

    4. Instrumento de cálculo que facilita as operacións aritméticas ao substituír as multiplicacións e divisións por adicións e subtraccións, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superior ou máxima autoridade dunha abadía ou mosteiro, encargado do goberno da comunidade monástica.

      2. Abade exento da xurisdición episcopal.

      3. Abade que usa insignias pontificais.

    1. Reitor dunha parroquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe de corpo alongado, da familia dos gádidos, que presenta unha mandíbula inferior sobresaínte e unha liña lateral formando un S por riba das aletas pectorais. É de cor castaña verdosa no dorso e branca na parte ventral. Vive en augas costeiras sobre fondos rochosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lle falta a respiración ou o alento.

    2. Que está molesto ou importunado por unha situación que non é agradable.

    3. Que está cuberto de bafo.

    4. Que desprende un olor desagradable.

    5. Que ten vergoña.

    6. Que se ve sobrepasado pola adversidade ou dificultade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que obstaculiza o paso do aire e dificulta a respiración.

    2. Que desprende un mal cheiro.

    3. Que importuna e chega a causar enfado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impedir ou atrancar a respiración a alguén.

    2. Cubrir de bafo calquera obxecto ou elemento de vidro.

    3. Importunar a alguén teimando nunha petición.

    4. Perder o alento ou respirar con dificultade.

    5. Botar mal cheiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inclinar ou dirixir cara a abaixo o corpo, normalmente coa inclinación da cabeza. Tm v pron.

    2. Diminuír algo en altura ou grosor.

    3. Descender a unha condición, a un grao de intensidade ou a unha medida inferior.

    4. Perder o orgullo ou a dignidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algo en equilibrio aumentando ou sacando peso.

    2. Lanzar algo con violencia contra algo ou alguén.

    3. Tirarse con violencia caendo sobre un obxecto ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento de vaivén con respecto a un punto fixo que incide sobre un corpo.

    2. Fluxo ascendente da auga do mar ata acadar o seu nivel máximo.

    3. Cuarto crecente da Lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO