"hiper" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 213.

  • Aparición de ondulacións na membrana celular como consecuencia da perda de auga pola osmose que sofre a célula ao permanecer nun medio hipertónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número hipercomplexo do tipo a+bi+cj+dk, onde a, b, c, d son números reais e i, j, k seguen as regras formais alxébricas: i 2 =j 2 =k 2 =-1, i·j=-j·i=k, j·k=-k·j=i, k·i=-i·k=j.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das cincuenta fillas de Dánao, rei lendario de Argos, que casaron con outros tantos fillos de Exipto aos que degolaron na noite de vodas, excepto Linceo, que foi perdoado por Hipermmestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección cutánea que consiste na hipertrofia da pel e do tecido subcutáneo e con tendencia á formación de pregaduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Eliminar anatómica ou funcionalmente o cerebro, de forma experimental ou espontánea, a causa de accidentes vasculares cerebrais ou traumatismos cranioencefálicos, que ocasiona un estado de coma e hipertonía xeneralizada.

    2. Extraer o cerebro dun animal para realizar experimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de descomprimir.

    2. Diminución ou cesamento do efecto da presión que exerce un líquido ou gas sobre un organismo.

    3. Cámara que se emprega para o tratamento dos accidentes derivados da descompresión.

    4. Síntoma que presenta un individuo que pasa dun medio de hiperpresión a outro de menor presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Perda da sensibilidade nerviosa.

      2. Redución ou supresión da reacción de hipersensibilidade a un alérxeno que se produce pola administración repetida en cantidades coñecidas.

    1. Estado anafiláctico dun organismo que non tolera os antíxenos.

    2. Terapia do comportamento coa que se pretende que o paciente se enfronte ás súas angustias e complexos.

    3. Procedemento polo que se diminúe a sensibilidade dunha superficie fotosensible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade inflamatoria do encéfalo que é causada xeralmente pola invasión dun virus ou doutro xerme no tecido cerebral, ou tamén por unha reacción de hipersensibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de anormalidade funcional ou estrutural nun ser vivo.

    2. Enfermidade ocasionada pola falta na dieta dun composto necesario para o normal desenvolvemento fisiolóxico.

    3. Enfermidade dexenerativa do sistema nervioso central que representa o tipo máis frecuente de demencia presenil. Remata con trastornos neurolóxicos, demencia total, caquexia e morte do individuo.

    4. Encefalopatía esponxiforme transmisible (EET) que afecta ao sistema nervioso central, que aparece na idade adulta, e que é causada por unhas proteínas con capacidade infectiva ou prións. OBS: Tamén se denomina encefalopatía esponxiforme humana.

    5. enterite rexional.

    6. Desorde gastrointestinal que se produce por unha substancia antitiamínica (antivitamina B 1 ), que está presente nas vísceras dos peixes e está relacionado coa inxesta das vísceras ou polo consumo do peixe mal cociñado.

    7. Linfoma que se caracteriza pola presenza de linfocitos atípicos de gran volume con diversos núcleos e nucleolos prominentes.

    8. Neuropatía que se produce por inxestión de peixe contaminado con metilmercurio.

    9. Carcinoma da mama, de tipo canicular, que se manifesta cunha lesión indurada e escamosa ou ulcerada na mamila.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exaltación das propiedades vitais dun órgano.

    2. Hipersensibilidade de calquera das partes do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO