"Tot" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 531.

  • Relativo ou pertencente á amitose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Incapacidade total ou parcial de lembrar ou de identificar experiencias pasadas

    2. Amnesia lacunar referida aos feitos ocorridos durante os primeiros anos de vida.

    3. Amnesia, a miúdo de orixe afectiva, que adoita desaparecer tan subitamente como se manifestou.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado ou característica propia do analfabeto.

    2. Fenómeno social que existe como consecuencia dunha insuficiente escolarizacion.

    3. Proporción de analfabetos sobre a poboación total de maiores de 15 anos e que distingue a poboación feminina da masculina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insensibilidade total diante da dor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que perdeu ou tende a perder as flexións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina político-social que preconiza a liberdade total da persoa humana, o pacto ou libre acordo deste cos seus semellantes e a desaparición do estado e da propiedade privada para crear unha sociedade na que non deben existir clases nin intereses privados. O seu ideal é unha sociedade sen goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de alerxia que se caracteriza pola ausencia total de capacidade de reacción dos tecidos ante unha substancia antixénica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perda total ou parcial da sensibilidade acompañada ou non de perda de consciencia como consecuencia dunha enfermidade, dun traumatismo ou da administración dun anestésico.

    2. Anestesia baseada na utilización de analxésicos potentes (mórficos) en cantidades elevadas.

    3. Anestesia practicada sobre unha zona superficial do corpo.

    4. Supresión da sensibilidade consciente con perda temporal e reversible da actividade funcional do sistema nervioso central, que se consegue mediante a administración dun anestésico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode vivir no medio terrestre e no acuático.

      1. Relativo ou pertencente aos anfibios.

      2. ertebrado da clase dos anfibios.

      3. Clase de vertebrados, anamniotas e ectotermos, caracterizados por ser tetrápodos de pel espida, húmida (feito que lles permite ter respiración cutánea) e glandular. Viven en zonas máis ou menos húmidas e son maioritariamente nocturnos. Na maioría das especies ten lugar a metamorfose, da que xorde o individuo de vida terrestre.

      1. Relativo ou pertencente aos anfibios.

      2. ertebrado da clase dos anfibios.

      3. Clase de vertebrados, anamniotas e ectotermos, caracterizados por ser tetrápodos de pel espida, húmida (feito que lles permite ter respiración cutánea) e glandular. Viven en zonas máis ou menos húmidas e son maioritariamente nocturnos. Na maioría das especies ten lugar a metamorfose, da que xorde o individuo de vida terrestre.

    2. Operación militar conxunta en que participan forzas navais e terrestres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexión do plano limitada por dúas semirrectas de orixe común. A unidade habitual para medilo é o grao sesaxesimal.

    2. Ángulo menor ca o recto.

    3. Rexión do espazo obtida como intersección de dous semiespazos.

    4. Ángulo que ten o vértice no centro dunha circunferencia e ten como lados dous raios.

    5. Ángulo maior ca o recto.

    6. Ángulo que ten os lados formando unha soa recta.

    7. Ángulo sólido formado pola intersección de tres ou máis semiespazos determinados por planos que teñen un punto común.

    8. Ángulo que ten os lados perpendiculares.

    9. Dous ángulos contidos no mesmo plano que teñen o mesmo vértice e situados aos dous lados dunha semirrecta que lles fai de costado común.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO