"Sting" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 140.

  • Compoñente semibrillante que se distingue na análise microscópica do carbón de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento verde que presentan as plantas e os procariotas fotosintetizadores, de estrutura porfirínica cun átomo de magnesio central. Existen varias clorofilas que se distinguen polos radicais que se unen a esta estrutura porfirínica, e que absorben unha franxa de lonxitudes de onda diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte externa dura que cobre unha cousa de materia máis branda.

      2. Anaco de pan reseso.

    1. Parte externa da raíz, do talo e das pólas das plantas leñosas, que coincide cos tecidos situados por fóra do cámbium.

      1. Capa externa de tecido que recobre determinados órganos.

      2. Capa externa do cerebro formada polos corpos celulares das neuronas (substancia gris). Nela intégranse as funcións sensitivas, motoras e de conciencia.

      3. Parte externa da glándula suprarrenal en que se distinguen a capa glomerular, a fascicular e a reticular.

      1. Superficie orixinada pola cimentación dos solos das zonas áridas ou semiáridas, formada principalmente por carbonato e sulfato de calcio.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato esporífero dos fungos da subdivisión basidiomicotina e dalgunhas especies da subdivisión ascomicotina, que está constituído por unha estrutura de hifas dicarióticas que conforman un corpo frutífero, en que se distingue unha parte basal alongada, denominada , que sostén outra máis grosa, que recibe o nome de chapeu, en que se sitúa o himenio que produce as esporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Signo de puntuación (“ ”), formado xeralmente por dúas comas elevadas sobre o nivel das letras, que abre e fecha unha citación, unha frase ou palabra, para distinguila e delimitala doutra unidade maior na que se atopa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tomar ou empregar unha cousa ou unha persoa en lugar doutra.

    2. Facer que alguén tome unha persoa ou cousa por outra.

    3. Mesturar diversas cousas de xeito que non se entendan ou distingan.

    4. Turbar a unha persoa de xeito que non poida reaccionar.

    5. Ser unha cousa ou unha persoa imposible de distinguir ao estar mesturada con outras coas que garda relación.

    6. Tomar, dicir ou levar a cabo unha cousa distinta á prevista ou á adecuada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de confundir ou confundirse.

    2. Estado dunha acumulación de cousas mesturadas de maneira que non se poden distinguir unhas das outras.

      1. Falta de claridade nas operacións do espírito.

      2. Alteración global das funcións psíquicas, xeralmente temporal.

    3. Reunión nunha mesma persoa das calidades de acredor e debedor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Segunda marca que se pon nun artigo comercial para distinguilo dos produtos que unicamente levan a primeira.

    2. Marca que se pon nunha moeda, xa cuñada, co fin de lle modificar ou ratificar o valor legal, o ámbito de circulación ou calquera outra característica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento, xeralmente de aceiro, co que se gravan moedas, medallas, sobres de correspondencia ou outras cousas.

    2. Debuxo ou inscrición en relevo ou con tinta que imprime ou grava este instrumento.

    3. Característica que é propia e distingue algo ou alguén dos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á escritura manuscrita en que as letras se unen unhas a outras mediante prolongacións e nexos.

    2. Aplícase ao carácter de imprenta co ollo inclinado de esquerda a dereita. OBS: Tamén se denomina letra itálica.

    3. Aplícase á escritura trazada rapidamente que se distingue da caligrafía por certas formas simplificadas para acadar maior velocidade.

    VER O DETALLE DO TERMO