"SOI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 143.

    1. Resultado dun feito ou evolución razoable dunha cousa.

    2. Disposición dunha corrente de auga que segue a estrutura xeolóxica, principalmente cando circulan no mesmo sentido ca a inclinación dos estratos.

      1. Conclusión dun razoamento.

      2. Expresión dun consecuente nun condicional, tal como q en “se p, entón q”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno óptico que consiste na aparición dun ou máis arcos en que se pode apreciar o espectro lumínico. Prodúcese cando unha cortina de gotas de auga en forma de chuvia, néboa ou orballo está iluminada directamente polo sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das magnitudes que determinan a posición dun elemento espacial.

      2. Nun certo dominio X, conxunto de funcións nas que un punto está determinado polos seus valores, de maneira que cada punto se define por un conxunto de números, que son as coordenadas do punto.

    1. Parámetros que determinan a posición dun astro na esfera celeste.

    2. Coordenadas, xeralmente non cartesianas, que, en número igual ao de graos de liberdade dun sistema mecánico, se escollen para simplificar a forma das súas ecuacións dinámicas.

    3. Parámetros que determinan a posición dun punto na superficie terrestre, segundo a lonxitude e a latitude. As liñas de referencia son dous círculos máximos: o Ecuador e un meridiano inicial, adoptado por convenio, que xeralmente é o que pasa polo observatorio de Greenwich, en Londres. Deste xeito, a lonxitude dun punto P da superficie terrestre, é a distancia angular (medida de 0° a 180°) dun arco paralelo ao Ecuador trazado desde ese punto ata o meridiano de referencia e defínese a latitude como o ángulo entre a vertical á elipsoide terrestre trazada polo punto e o plano do Ecuador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer unha fenda nun obxecto cun instrumento con gume.

    2. Producir unha ferida co gume dun obxecto a alguén. Tm v pron.

      1. Impedir que algo continúe ou se propague.

      2. Facer que cese o paso ou a saída de algo ou a comunicación entre dúas cousas.

    3. Dar a forma necesaria coas tesoiras a un tecido co que se vai confeccionar unha peza de roupa.

    4. Interromper a alguén que estaba falando ou algo que se estaba desenvolvendo ou executando. Tm v pron.

    5. Separar a baralla en dúas partes asimétricas.

    6. Compartir un punto común dúas liñas ou unha liña dúas superficies.

    7. Dirixirse a un lugar determinado polo camiño máis curto.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicocorticoide segregado pola codia suprarrenal que ten función antiinflamatoria e inmunosupresora. OBS: Tamén se coñece co nome de hidrocortisona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido aromático, principal constituínte da creosota, que se localiza no alcatrán da madeira de faia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido de olor a fenol, mestura de cada un dos tres compoñentes isoméricos orto-, meta- e para-, de fórmula xeral HOCHCH, que se emprega como antiséptico e na fabricación de resinas sintéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de forma troncocónica, recuberto interiormente por material refractario, que se emprega para a fusión de metais e aliaxes, polo xeral non ferrosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ctenóforos.

    2. Metazoo do filo dos ctenóforos.

    3. Filo de animais metazoos diblásticos e de simetría birradial, xeralmente de forma esférica ou elipsoidal, que presentan coloblastos cos que capturan pequenos organismos planctónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO