"Revel" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 66.

    1. Descrición gráfica do Sol por medio dun debuxo ou dunha fotografía.

    2. Sistema de reprodución primitivo, baseado no procedemento fotográfico de Niepce, mediante pranchas fotosensibilizadas. Estas eran insoladas cun positivo, reveladas e posteriormente gravadas coas técnicas litográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paradifenol que se emprega como revelador fotográfico e como antioxidante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inhibir ou inhibirse.

    2. Detención ou restrición da función dun órgano ou dunha actividade fisiolóxica determinada polo feito de estar alterada a acción que exercía un centro nervioso, unha substancia ou unha hormona específica.

      1. Supresión parcial ou completa da actividade espontánea ou condicionada dun sistema excitable, un órgano ou un centro nervioso, debido a unha causa física ou mental.

      2. Estado psíquico que tende a frear ou evitar os modos de expresión que poderían revelar publicamente o carácter ou os pensamentos dun individuo.

    3. Acción reversible ou irreversible dunha substancia sobre un encima, de maneira que non lle permite actuar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Local disposto para efectuar investigacións científicas ou técnicas, análises químicas, preparados farmacéuticos, probas ou ensaios industriais.

    2. Conxunto de instrumentos, instalacións e servizos anexos destinados á recollida de emisións fónicas, previamente seleccionadas, e á elaboración técnica dos materiais reunidos.

    3. Local acondicionado para facer o revelado dos negativos fotográficos e obter copias positivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está entregado aos praceres sexuais.

    2. Que revela lascivia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento dado á imaxe latente dunha emulsión fotográfica entre a exposición e o revelado, co fin de reforzala, no caso de que estivese superexposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de carácter gnóstico e dualista profesada pola seita dos mandeos que sostiña que a alma humana estaba presa no corpo e era perseguida polos demos, para ser liberada finalmente polo coñecemento revelado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á materia.

    2. Relativo a aquilo que se pode ter, usar ou gozar de maneira física.

      1. Conxunto de máquinas ou instrumentos que se empregan na explotación dun servizo ou nunha industria.

      2. Materia, tanto natural como artificial, que serve para construír edificios, máquinas, vehículos e toda outra clase de obxectos.

      3. Ciencia interdisciplinaria que estuda a relación entre a estrutura e as propiedades dos materiais e que permite mellorar as técnicas de produción e o uso dos materiais xa coñecidos, de atoparlles novas aplicacións e de obter novos materiais.

    3. Documentos que serven para compor unha obra escrita.

    4. Substancia sólida, de estrutura formada por pequenas células con aire, que se emprega como illante térmico e eléctrico.

    5. Material fotográfico que, impresionado ou non, aínda non foi revelado nin fixado e que permanece sensible aos efectos da luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sal do ácido disulfuroso.

    2. Axente acidificante empregado no proceso de revelado fotográfico, e como aditivo alimentario pola súa acción conservadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome comercial do sulfato de 1-hidroxi-4-metilaminobenceno, que se utiliza como axente revelador.

    VER O DETALLE DO TERMO