"RSA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1107.

  • Operador escalar universal que é o produto escalar do gradiente tetradimensional por el mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa versada no estudo e no tratamento da dor.

    2. ficólogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos algonquinos ou á súa lingua.

    2. Individuo dalgunha das diversas tribos algonquinas.

    3. Conxunto de tribos amerindias que se espallaron, a partir da zona que circunda a baía de Hudson, por América do Norte; na actualidade localízanse ao L de Otawa (Canadá) e nalgúns territorios dispersos de EE UU.

    4. Familia de linguas amerindias da póla setentrional, moitas delas en vías de extinción. Forman parte desta familia o cree, o cheyenne, creek-seminole e o arapaho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. aliar.

    2. Que está unido por alianza.

    3. Persoa ou entidade unida a outras por un compromiso de axuda mutua.

    4. Conxunto de estados que loitaron contra Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria e Turquía na Primeira Guerra Mundial e tamén os adversarios das potencias do Eixe na Segunda Guerra Mundial. Adoita empregarse para referirse aos estados que colaboran con EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dar ou recibir alimentos.

      1. Conxunto de alimentos ou substancias nutritivas que permiten aos organismos atender debidamente os seus requirimentos enerxéticos e plásticos.

      2. Serie de hábitos alimentarios fundamentados en diversas correntes que se caracterizan polo rexeitamento dalgúns alimentos.

    2. Operación que consiste en colocar as municións dunha arma, utilizando un dispositivo ou cargador.

    3. Fornecemento, a un motor de combustión interna, do aire e do combustible necesarios para o seu funcionamento.

    4. Enerxía ou materia coa que se alimenta un aparato.

    5. Incremento da masa de xeo nun glaciar ou nun inlandsis.

    6. Fornecemento de auga a un río, a un lago ou a unha capa acuífera.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e estudo empírico e experimental dos feitos químicos durante a Antigüidade e a Idade Media, cuxos principais obxectivos foron a procura da pedra filosofal, supostamente capaz de converter os metais baixos en prata e ouro, e do elixir da longa vida, panacea universal capaz de alongar a vida indefinidamente. Na alquimia coexistiron sempre os aspectos experimental, filosófico, esotérico e místico, que foi a miúdo dominante. Pese a todo, as súas importantes descubertas formaron a indispensable base empírica sobre a que se edificou a química moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumento elevado enriba do solo, destinado aos sacrificios culturais ou a colocar imaxes, queimar incenso ou perfumes, segundo o tipo de culto das diversas relixións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alternar dúas ou máis cousas.

      1. División ou repartimento dos terreos dunha explotación en tantas partes equivalentes como anos previstos para a sucesión de cultivos escollida como a máis conveniente.

      2. Alternancia practicada cando por calquera circunstancia hai que desistir do cultivo que correspondería segundo a alternancia prefixada.

      3. Alternancia, propia das explotacións moi intensivas, practicada cando as condicións do momento son as únicas que sinalan os cultivos a facer, sen regra fixa.

      1. Disposición de cada unha das pezas dun verticilo nos espazos existentes entre as pezas do verticilo inmediato.

      2. Lei pola que as follas ou pezas florais de dous verticilos consecutivos alternan entre eles.

    2. Fenómeno polo que o ciclo biolóxico completo dunha especie comprende dúas xeracións, unha sexual e outra asexual.

    3. Acción e efecto de alternar nunha formación estratigráfica diversas capas que se repiten sucesivamente.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obriga de escoller entre dúas ou máis cousas.

    2. Opción a escoller nunha situación determinada.

    3. Cerimonia pola que un matador de touros, nomeado padriño, autoriza a un matador de novelos a actuar no seu lugar.

    4. Relación entre dúas proposicións alternativas, tal que se unha é verdadeira, a outra ten que ser falsa, e viceversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico, que pertence ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable. Atópase sobre todo en forma de silicatos, de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio, pero nunca en forma libre. As aplicacións do aluminio metálico e das súas aliaxes son moi importantes e variadas.

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor ca o aluminio en po, forma películas con máis facilidade, cun manexo máis sinxelo e un menor risco de incendio.

    4. Pos de aluminio de cor gris brillante e de forma laminar. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de explosivos e como pigmento para pinturas metálicas.

    5. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre e aluminio de gran resistencia mecánica. Emprégase no revestimento de iates e na industria química.

    6. Cloruro anhidro moi empregado como catalizador na industria do petróleo.

    7. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos.

    8. Sólido empregado como mordente nas tinturas pola súa capacidade de absorber un colorante cando precipita dunha solución que contén ese colorante.

    9. Lámina de aluminio obtida mediante sucesivas laminacións dunha cinta ou prancha de aluminio puro.

    10. Grupo de compostos que comprende o caolín, as arxilas e os alúminosilicatos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO