"RPR" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 289.

  • Actividade interdisciplinaria que estuda os coñecementos astronómicos da Antigüidade. Intenta desenvolver interpretacións e explicacións de estruturas arqueolóxicas, supostamente baseadas no astronómico e avaliar os coñecementos e os métodos orientados á astronomía das culturas do pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas que empregan as ciencias auxiliares da arqueoloxía como axuda na interpretación do pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actividade humana encamiñada á creación de obras estéticas.

    2. Ámbito no que o home desenvolve a súa capacidade creadora con fins estéticos.

    3. Conxunto de producións artísticas que caracterizan unha época, estilo ou movemento.

    4. Preceptos e regras que se requiren para o desenvolvemento dunha actividade.

    5. Habilidade ou destreza para facer certas cousas que se adquire co estudo ou coa experiencia.

    6. Medio co que se consegue facer algunha cousa.

      1. Acto polo que, valéndose da imaxe, son, palabra ou movemento, o home imita ou expresa o material ou o inmaterial, creando mediante copia, evocación ou invención.

      2. Cada unha das chamadas Belas Artes.

      3. Estilo dun artista.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que cultiva unha arte. Tm adx.

    2. Persoa que ten como profesión representar ou interpretar obras teatrais, musicais, cancións ou danzas. Tm adx.

    3. Persoa que ten habilidade para realizar calquera tipo de traballo ou tarefa. Tm adx.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forno ou utensilio, xeralmente aguzado ou en forma de reixa, que se emprega para asar os alimentos.

    2. Restaurante especializado en ofrecer carne asada.

    3. Tipo de cerámica castrexa de forma redondeada, con paredes altas e fondos con furados. Interprétanse como pequenos fornos domésticos para asar ou torrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Invadir impetuosamente un lugar, praza, fortaleza ou posición inimiga para conquistalo.

      2. Acometer repentinamente e por sorpresa a alguén ou algún sitio coa intención de roubar.

    1. Dirixirse a alguén insistentemente unha ou varias persoas con preguntas, rogos ou peticións.

    2. Sobrevir a alguén de súpeto un pensamento, unha idea ou unha dúbida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comedia latina satírico-burlesca, orixinaria de Atela, na que os  personaxes ridiculizaban unha situación ou un oficio concreto. Na época de Sula comezaron a interpretarse en latín, ata conseguir forma literaria cos poetas Novio e Pomponio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Asesor, relator, próximo a certos tribunais superiores.

      2. Xurista que exerce funcións públicas de asesor próximo aos  tribunais integrados por xuíces non togados.

      3. Instrutor dunha causa eclesiástica nomeado polo bispo, ben como cargo estable, ben para unha causa determinada.

      4. Oficial do corpo xurídico militar que ten que emitir xuízos en todos os casos de interpretación ou aplicación das leis, propoñendo a resolución que corresponda en todos os procesos xudiciais que se instrúen no exército.

      5. Membro do Tribunal da Rota Romana ou do Tribunal da Rota da Nunciatura.

    1. Persoa que realiza unha auditoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacerdote de Etruria e de Roma especializado en interpretar a vontade divina mediante a observación do voo e o canto dos paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto dos movementos automáticos por efecto dunha longa aprendizaxe.

    2. Interpretación errónea dun fenómeno por causa de modificacións subxectivas como a percepción ou a actitude.

    VER O DETALLE DO TERMO