"NACA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 46.

  • Erupción cutánea que se caracteriza pola aparición de marcas, únicas ou múltiples, brancas, nacaradas, elevadas e redondas, rodeadas dun anel de cor morado. É unha forma de esclerodermia circunscrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia dura, branca, brillante con reflexos iridescentes, que unha vez cristalizada integra a capa interior de certas cunchas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. nacarar

    2. Que ten a iridescencia da nácara.

    3. Que está ornamentado con nácara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a algo aspecto ou cor de nácara.

    2. Cubrir algo de nácara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de ágata formada por capas concéntricas de diferentes cores que lle dan un aspecto anacarado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molusco lamelibranquio, da familia dos ostreidos, que ten a cuncha bivalva, irregular e áspera con liñas de crecemento laminar por fóra e lisa e anacarada por dentro. Habita nas costas de todos os mares europeos e soporta perfectamente os cambios de salinidade provocados polas mareas.

    2. Molusco lamelibranquio, da familia dos anómidos, que presenta a cuncha amarela ou avermellada, fráxil, cun buraco na valva inferior que é plana, e tres cicatrices nunha cuncha superior abombada, que corresponden aos músculos adutores. Vive en substratos duros e sobre outras cunchas.

    3. Ostra que contén no seu interior perla e nácara. Destaca a <i>Meleagrina margaritifera</i> que se pode localizar en augas do golfo Pérsico e no Índico.

    4. Molusco lamelibranquio, da familia dos ostreidos, que presenta unha cuncha sólida coa parte superior plana, sen dentes na charneira e de cor branca ou crema con manchas púrpuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raia, da familia dos dasiátidos, que presenta cola fina e longa cun espiño serrado e velenoso, que habita en augas pouco profundas e se alimenta de invertebrados e peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rubideira, da familia das piperáceas, que presenta follas elípticas agudas e coriáceas, flores pequenas agrupadas en espiga, e froito en drupa, rico en aceites volátiles, que constitúen a pementa.

    2. Árbore perennifolia, da familia das anacardáceas, dicoica, resinífera, que presenta follas pinnaticompostas, con folíolos lineais, flores pequenas, brancas e paniculadas, e froito rosado, semellante, na medida e no gusto, á pementa.

    VER O DETALLE DO TERMO