"Comes" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 107.

    1. Parte branda do corpo dun animal formada principalmente polo tecido muscular.

      1. Parte comestible do corpo dos animais que se corresponde coas masas musculares.

      2. Carne que se secou no fumeiro.

      3. Carne de coello ou lebre.

      4. Carne das aves, como a galiña ou o pato.

      5. Carne dos animais que non se someteu a ningún proceso de conservación.

      6. Carne que non ten graxa nin nervios.

    2. Parte branda e comestible da froita e dos froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, da familia das liliáceas, que presenta un bulbo grande, de forma ovoide, redondo ou deprimido segundo as variedades. Cando se corta o bulbo desprende un aceite volátil sulfurado que provoca a produción de lágrimas por irritación da conxuntiva.

    2. Bulbo comestible da planta do mesmo nome.

    3. Planta medicinal da horta que serve de antídoto contra o veleno e que rebenta tumores.

    4. Planta herbácea, da familia das liliáceas, que presenta un bulbo de gran tamaño.

    5. Herba perenne, da familia das liliáceas que no exterior presenta unha cuberta vermella.

    6. Cebola pequena que aínda non chegou ao pleno desenvolvemento.

    7. Cebola cos bulbos moi pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea bienal, da familia das apiáceas, de follas bipinnatisectas, con flores brancas ou rosas, dispostas en umbelas compostas e de froitos aculeados en aquenio.

    2. Raíz comestible da planta do mesmo nome que ten forma fusiforme, consistencia dura, pero zumenta e cor alaranxada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea bienal, da familia das apiáceas, pubescente, de follas pinnaticompostas e flores amarelas dispostas en umbelas compostas.

    2. Raíz carnosa e comestible da planta homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta rubideira, da familia das cucurbitáceas, que presenta flores actinomorfas, pentámeras e vistosas, e froito comestible en pepónide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, da familia das fabáceas, que presenta talos gabeadores, flores brancas ou púrpuras dispostas en acios, e froitos en legume con sementes comestibles.

    2. Planta herbácea, do xénero Lupinus, da familia das fabáceas, que presenta follas cun longo pecíolo e dixitadas, flores papilonáceas en ramos terminais e froito en legume con sementes cun alto contido en proteínas.

    3. Semente comestible da planta do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito comestible da ameixeira, globoso, con pel lisa, pruinosa, de cor vermella, púrpura, amarela ou verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cítricos.

      1. Árbore ou arbusto da familia das rutáceas, (do xénero Citrus), que ten o froito en hesperidio, grande e comestible, de polpa con moito zume, aceda e rica en vitamina C, e presenta pel rugosa.

      2. Froito dun cítrico.

    2. Ácido tricarboxílico amplamente distribuído en tecidos e líquidos orgánicos, que se obtén do zume das plantas da familia dos cítricos. Emprégase na elaboración de sales efervescentes, xaropes ou bebidas aciduladas, e como regulador do pH, como antioxidante e antiespumante e como reactivo analítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade cultivada de col, que se caracteriza por presentar unha inflorescencia, que se engrosa e forma unha masa compacta, tenra e carnosa, normalmente de cor abrancazada, que é a parte comestible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tomar alimento pola boca facéndoo pasar ata o estómago, xeralmente despois de mastigalo. Tm abs.

    2. Tomar a comida do mediodía. Tm abs.

    3. Consumir física ou moralmente algo malo a unha persoa.

    4. Producir sensación de proído.

    VER O DETALLE DO TERMO