"Brazos" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 97.

  • Baile da década de 1920 que presumiblemente tivo a súa orixe en Charleston (Carolina do Sur). Os pasos márcanse cos xeonllos e coas puntas dos pés, con esaxerados movementos de brazos e mans. Caracterízase pola súa rapidez e por ter un ritmo sincopado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero primate, do xénero Pan, que presenta pelame abundante e negro, e unha barba corta en ambos sexos. Todas as extremidades presentan o polgar opoñible e os brazos longos.

    2. Primate, da familia dos pónxidos, de cara de cor negra e molares moi pequenos, que habita as selvas húmidas do centro de África.

    3. Primate, da familia dos pónxidos, de cara de cor rosada ou parda, que escurece coa idade. É propio das selvas húmidas, dos bosques caducifolios ou das sabanas do centro e do O de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molusco cefalópodo, da orde dos decápodos, que posúe corpo ovado e comprimido, con dúas aletas que percorren todo o corpo e ao redor da boca presenta oito brazos e dous tentáculos moito máis longos que rematan nunhas ventosas. Na parte final do intestino ten unha bolsa de tinta de cor escura que expulsa cando se ve alarmado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cefalópodo pertencente ao xénero Sepia que presenta o corpo ovado e comprimido, e ao redor da boca oito brazos e dous tentáculos retráctiles.

    2. Cefalópodo de corpo arredondado, cunha cuncha interna reducida e de natureza quitinosa, brazos curtos e tentáculos retráctiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento cordófono cuxo son se produce punteando cos dedos ou cun plectro as cordas que están tensadas entre os dous extremos da caixa de resonancia, provista de dous brazos unidos por un traveseiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pinza, de brazos longos, provista dun dispositivo de fixación que se utiliza no curso de intervencións cirúrxicas para interromper temporalmente a circulación do sangue nun vaso sanguíneo ou a progresión das materias intestinais nunha porción do tubo dixestivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oco feito coas mans e os brazos á altura do peito, cando se está de pé, ou entre os xeonllos e a cintura, cando se está sentado, para poder soster algo.

    2. Parte do corpo que une a cabeza co tronco.

    3. Parte dalgunhas pezas de vestir que rodean o pescozo ou van próximas a el.

    4. Parte estreita de certos recipientes.

      1. Parte máis estreita dunha estrutura anatómica.

      2. Porción inferior e estreita do útero, comprendida entre o corpo e o orificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente en forma de corno, ateigado de froitos, que é símbolo da abundancia.

    2. Obxecto decorativo que consiste nun marco moi tallado e xeralmente dourado, baseado no tema do corno da abundancia e que pode ter un ou máis brazos para colocar candeas. Foi un elemento típico da decoración rococó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo de natación en que, mantendo o ventre cara ao fondo, se obtén o impulso pola acción combinada de xiros alternativos dos brazos e o batemento simultáneo das pernas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos crinoideos.

    2. Equinodermo da clase dos crinoideos.

    3. Clase de equinodermos constituída por animais mariños de simetría radial, co corpo en forma de disco, do que parten cinco divisións principais que se ramifican en novos brazos e en numerosas proliferacións.

    VER O DETALLE DO TERMO