"Arnoso" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 62.

  • Engrosamento apical e a miúdo carnoso do pedúnculo de certos froitos, como é o caso do anacardio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lábridos.

    2. Peixe da familia dos lábridos.

    3. Familia de peixes osteictios da orde dos perciformes, de medida media, cos labios moi carnosos e as mandíbulas bastante protráctiles. Habitan sobre fondos recubertos de algas e pradarías de fanerógamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore que presenta follas alternas, pinnadas e lanceoladas, brillantes e coriáceas, flores de cor branca verdosa ou amarela agrupadas en inflorescencias en espiga e froitos en drupa, esféricos, comestibles e avermellados.

    2. Froito desta árbore que presenta un arilo carnoso e branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano musculoso dos vertebrados, revestido dun epitelio sensorial e situado na cavidade bucal, entre os arcos dentarios. Ten as estruturas do gusto e realiza funcións importantes na deglución, na succión e na mastigación de alimentos e na articulación dos sons.

      1. Cousa ou ser vivo que ten forma de lingua.

      2. Fungo, da orde das fistulinais, de grandes sombreiros vermellos e a cutícula lisa e viscosa.

      3. Planta herbácea bienal, da familia das boraxináceas, de follas lanceoladas, densamente pelosa, e de flores de cor azul escura reticuladas de violeta. Medra en terreos secos.

      4. Fungo, da orde das cantarelais, de sombreiro convexo, cor branca e con aguillóns longos.

      5. Fungo, da familia das teleforáceas, de cor parda escura, sombreiro grande, aguillóns longos e o pé carnoso.

      6. Fungo, da familia das exidiáceas, en forma de masa viscosa de cor branquecina e aguillóns curtos. Pódese comer cru.

      1. Sistema de signos orais, reflectido a miúdo nun código escrito que serve para a comunicación. Desde un punto de vista xenético ou histórico, pódense clasificar as linguas tendo en conta o seu parentesco, e desde un punto de vista tipolóxico, segundo a porcentaxe de trazos afíns.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, de follas alternas con segmentos rematados en mucrón, capítulos con lígulas brancas e o froito en aquenio.

    2. Infusión medicinal que se fai coas flores da macela, e que se toma como tónico estomacal.

    3. Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, de follas bipinnadas e pubescentes, capítulos solitarios e froito en aquenio.

    4. Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, de follas alternas, pinnatisectas, con segmentos carnosos e capítulos con lígulas brancas e o flósculo amarelo-verdoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que aínda mama.

    2. Que mama en exceso.

    3. Que ten dificultades para moverse ou para entender as cousas. Tm s, referido a persoa.

    4. Dente que lles sae ás crías que maman e que cae para dar paso aos definitivos.

    5. Árbore tropical, da familia das anonáceas, que presenta un froito grande e carnoso.

    6. Froito desa árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás miristicáceas.

    2. Árbore da familia das miristicáceas.

    3. Familia de árbores, da orde das ramnais, que presentan as flores cíclicas e os froitos carnosos e coa semente cun arilo con tecido nutritivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano carnoso que está formado por un conxunto de fibras, agrupadas en paquetes rodeados de membranas, que teñen capacidade de contracción e son os instrumentos inmediatos para producir ou contrarrestar os movementos. Poden ser estriados, subdivididos en esqueléticos ou cardíacos, ou lisos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos muxílidos.

    2. Peixe da familia dos muxílidos.

    3. Familia de peixes da orde dos perciformes, de corpo afusado e robusto, de cabeza plana pola parte superior, de beizos carnosos e de dentes pequenos. Son peixes de costumes peláxicos, que se alimentan de invertebrados e de algas e poden penetrar en zonas de polución doméstica e en portos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás ofioglosáceas.

    2. Planta da familia das ofioglosáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das ofioglosais, integrada por fentos de rizoma curto, carnoso e sen escamas, e de follas consistentes nunha lámina estéril e nunha parte fértil.

    VER O DETALLE DO TERMO