"Anti" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2938.

  • Substancia orgánica  que forma os esqueletos dos radiolarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma da arxentita que cristaliza no sistema monoclínico, en formas fibrosas e alongadas, de cor gris escura e brillo metálico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acaparar.

    2. Delito que consiste en reter mercadorías, en sentido amplo, en cantidade superior ás necesidades co obxectivo de encarecelas no mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adquirir e reter unha cantidade excesiva dunha mercadoría con finalidade especulativa.

    2. Apropiarse dalgunha cousa en exclusiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acompaña ou depende do principal.

    2. Anexo ou complemento dunha cousa que non constitúe o corpo principal.

    3. Adorno, ornamental ou funcional, que acompaña as pezas de vestir.

      1. Dispositivo que se monta nunha máquina para modificar o seu funcionamento básico.

      2. Peza que, sen formar parte dunha máquina ou instrumento, serve para completar o seu funcionamento.

    4. Obxecto ou dereito que acompaña a outro principal, do que depende a súa existencia.

    5. Cada un dos pequenos elementos que completan o paramento da decoración, usados especialmente a efectos de composición.

    6. Mineral que se atopa formando parte dunha rocha en pequenas cantidades.

    7. Unidade lingüística morfoloxicamente independente, cunha significación que só aparece en combinación con outras unidades, adoitando por isto ser incapaz de presentarse soa nunha comunicación axeitada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás accións dunha sociedade mercantil.

    2. accionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aliaxe de ferro cunha pequena cantidade de carbono.

    2. Arma branca, especialmente referida a unha espada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acelera.

    2. Dispositivo que acelera ou retarda o movemento dun mecanismo.

    3. ariante do método do Carbono 14 realizada mediante o acelerador ou coa espectometría de aceleración de partículas. Mide a cantidade de isótopo na mostra contando directamente os átomos remanentes, en lugar de facelo a través da súa radiación.

    4. Motor-foguete auxiliar de gran potencia que serve para dar a un foguete espacial pesado a velocidade inicial.

      1. Mecanismo que comanda a admisión da mestura gasosa nun motor endotérmico.

      2. Pedal ou panca que ao accionarse pon en funcionamento este mecanismo.

    5. Dispositivo destinado a acelerar os electróns nun tubo de raios catódicos ou en calquera tubo electrónico.

    6. Composto químico engadido aos reveladores para acelerar a acción lenta dos axentes redutores.

    7. Bomba intercalada nun circuíto de calefacción central que activa a circulación da auga.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro dunha comunidade de monxes bizantinos, fundada no s V na ribeira oriental do Bósforo, que pregaba ininterrompidamente durante todas as horas do día e da noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de todas as modalidades fónicas da linguaxe, é dicir, a intensidade, o ton, a cantidade ou duración e o timbre dos sons.

      1. Indicación que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior intensidade da sílaba acentuada.

      2. Signo escrito sobre unha vogal que pode marcar o acento de intensidade ou o timbre aberto ou pechado, ou para distinguir unha palabra doutra coa mesma grafía pero con significado diferente.

      3. Elemento articulatorio mediante o que se destaca unha sílaba que petence a unha palabra.

      4. Elemento que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior lonxitude da sílaba acentuada.

    2. Conxunto de particulares inflexións que caracterizan a pronuncia propia dos habitantes dun país, rexión ou lugar.

    3. Argumento de intensidade dado a unha nota en relación ás outras para marcar o compás.

    4. Elemento constitutivo do verso que este, para ser harmonioso, leva en determinadas sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO