"Alia" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 503.

    1. Elemento metálico, que pertence ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable. Atópase sobre todo en forma de silicatos, de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio, pero nunca en forma libre. As aplicacións do aluminio metálico e das súas aliaxes son moi importantes e variadas.

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor ca o aluminio en po, forma películas con máis facilidade, cun manexo máis sinxelo e un menor risco de incendio.

    4. Pos de aluminio de cor gris brillante e de forma laminar. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de explosivos e como pigmento para pinturas metálicas.

    5. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre e aluminio de gran resistencia mecánica. Emprégase no revestimento de iates e na industria química.

    6. Cloruro anhidro moi empregado como catalizador na industria do petróleo.

    7. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos.

    8. Sólido empregado como mordente nas tinturas pola súa capacidade de absorber un colorante cando precipita dunha solución que contén ese colorante.

    9. Lámina de aluminio obtida mediante sucesivas laminacións dunha cinta ou prancha de aluminio puro.

    10. Grupo de compostos que comprende o caolín, as arxilas e os alúminosilicatos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de elementos heteroxéneos.

    2. Aliaxe de mercurio e dun ou varios metais máis.

    3. Aliaxe de prata e estaño empregada nas obturacións dentais.

    4. Fusión, nun morfema, de dous significados que adoitan representarse con dous significantes diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mesturar cousas variadas nun todo uniforme.

    2. Aliar o mercurio con outros metais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procesión propiciatoria da fecundidade da terra, celebrada polos romanos na honra da deusa Dia, divindade agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore caducifolia, da familia das betuláceas, que presenta flores masculinas en amentos cilíndricos e femininas en amentos ovoides, con escamas lignificadas e os froitos en núcula.

    2. Árbore, da familia das betuláceas, de follas acorazonadas de bordo serrado, que é orixinario de Córsega e do S de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está unido pola amizade con alguén.

    2. Que ten afección por algo ou por alguén.

    3. Persoa con quen alguén fai vida matrimonial sen estar legalmente casados.

    4. Termo para designar ‘o amado, o namorado’, nas cantigas de amigo da lírica galego-portuguesa medieval.

    5. Dous números, dos que cada un é a suma de todos os divisores do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia conxénita de cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avaliación dos niveis de electrólitos no soro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Falta de conformidade ou irregularidade con respecto a unha regra xeral.

      2. Irregularidade, particularmente orgánica, que presenta un individuo ou grupo de individuos respecto aos outros da mesma especie.

      3. Desviación dunha magnitude metereolóxica do seu valor normal.

      4. ariación dunha magnitude xeofísica debida á distribución irregular das masas na codia terrestre.

    1. Cousa anómala.

      1. Distancia angular, tomando como centro o Sol, desde o perihelio dun planeta ata o punto da órbita en que se localiza o planeta ou en que se localizaría, se o seu movemento fose uniforme.

      2. Arco de eclíptica, contado en sentido directo, que vai desde a liña das ápsides ata o Sol.

    2. Trastorno producido a consecuencia dunha alteración na formación ou no desenvolvemento dun ou de diversos órganos do embrión ou do feto durante a xestación.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnetismo que presentan algúns metais, aliaxes e os sales dos elementos de transición, en que a susceptibilidade magnética é moi baixa pero medra coa temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO