"Alcar" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 102.

  • Rocha sedimentaria dolomítica que presenta elementos calcarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de relevo orixinada por procesos de disolución das rochas calcarias, xesos ou dolomitas. Destacan os poljés, as dolinas, as simas e os canóns. A auga é o axente erosivo fundamental.

    2. Rexión de relevo cárstico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao carst.

    2. Relevo propio das rexións de macizos calcarios. As formas superficiais son a garganta, a dolina, o lapiaz, o poljé, a uvala e as formas subterráneas: sima, caverna, cova, resurxencia, exsurxencia e a fonte vauclusiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Construción que está destinada para a vivenda.

      2. Casa na que morreu algunha persoa e desde onde sae o enterro.

      3. Casa da parroquia destinada a vivenda do párroco.

      1. Edificio destinado a un uso público determinado ou a un uso privado que non sexa vivir nel.

      2. ceca.

      3. Establecemento onde se exerce a prostitución.

      4. Templo dedicado ao culto relixioso cristián.

      5. Establecemento no que, a cambio dun determinado prezo, se ofrece hospedaxe e, ás veces, tamén manutención. OBS: Tamén se denomina pousada.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cuberta dura, principalmente protectora, dalgúns seres vivos.

      2. Cuberta vexetal máis ou menos ríxida que poden presentar as árbores, as sementes, os froitos ou os fungos.

      3. Cuberta animal externa, dura e ríxida, polo xeral de natureza calcaria, como a dos crustáceos e moluscos, ou a dos ovos de moitas especies.

    1. Cortiza dalgunhas árbores, como a do piñeiro ou a de carballo, que se utilizan para tinguir ou curtir.

    2. Ábsida dunha igrexa.

      1. Membrana que recobre a clara do ovo.

      2. Pel das castañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundente calcario constituído por carbonato cálcico impuro que se emprega cando o mineral que se funde é ácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte do encéfalo que ocupa case toda a caixa craniana e descansa sobre as fosas anterior e media da base do cranio. Divídese en dúas metades simétricas, os hemisferios, e regula a vida vexetativa, ao mesmo tempo que constitúe o punto de inserción somática da vida psíquica.

    2. Ganglios nerviosos cefálicos dos invertebrados, especialmente cando centralizan a actividade nerviosa.

      1. Mente.

      2. Persoa moi intelixente.

      3. Persoa que deseña os plans para levar a cabo un asunto.

    3. Concreción calcaria impura formada por nódulos dispersos nos limos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á variedade de mármore formada por calcarias cristalinas xistosas e acompañadas case sempre por talco, mica e clorita. Tm s m.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento arquitectónico de sección circular que cumpre a función de soportar as presións verticais e oblicuas da arquitrabe e do arco, composto de base, fuste e chapitel.

      2. Columna co fuste decorado con estrías verticais que poden estar unidas con filete ou non.

      3. Columna que ten o fuste formado por bloques almofadados ou cadrados.

      4. Columna co fuste formado por distintos aneis ou faixas de diferente diámetro e superpostos un tras outro.

      5. Columna sen función construtiva e que se erixe en lembranza ou conmemoración dun suceso ou dun persoeiro.

      6. Columna que non está pegada ou adherida a ningunha parte do edificio ou do muro.

      7. Columna pegada que introduce parte do seu fuste no muro, formando parte del. OBS: Tamén se denomina semicolumna.

      8. Columna co fuste de forma helicoidal.

    1. Feixe de cousas colocadas unhas enriba das outras.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colonia de antozoos formada por pequenos pólipos dispostos nunha matriz que eles mesmos segregan e que persiste logo da morte dos animais. Distribúense no Índico, no Pacífico e no Atlántico, onde constitúen un dos ecosistemas máis produtivos do planeta á vez que atesouran unha altísima biodiversidade.

    2. Esqueleto calcario dalgúns pólipos que despois de puído se emprega para facer adornos.

    3. Ovas cocidas de crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO