"sim" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1214.

    1. Colonia de antozoos formada por pequenos pólipos dispostos nunha matriz que eles mesmos segregan e que persiste logo da morte dos animais. Distribúense no Índico, no Pacífico e no Atlántico, onde constitúen un dos ecosistemas máis produtivos do planeta á vez que atesouran unha altísima biodiversidade.

    2. Esqueleto calcario dalgúns pólipos que despois de puído se emprega para facer adornos.

    3. Ovas cocidas de crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cordados.

    2. Animal do filo dos cordados.

    3. Filo de animais celomados deuteróstomos de simetría bilateral, que presentan como características fundamentais un só cordón nervioso dorsal e tubular, a notocorda ou a columna vertebral, fisuras branquiais e unha cola posnatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de cantantes que executan á vez unha obra vocal.

      2. Composición musical destinada a ser cantada por un coro.

    1. Grupo de actores, bailaríns e cantantes que constituían un dos elementos fundamentais do teatro grego.

    2. Lugar da igrexa destinado aos cantores, onde se reza e se canta o oficio divino.

      1. Conxunto de cregos, relixiosos ou monxes que cantan xuntos o oficio divino.

      2. Cada unha das dúas partes en que se divide a comunidade para cantar ou recitar as horas canónicas alternativamente.

      3. Libro litúrxico que contén a música que canta o coro durante os oficios litúrxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a virtude de corrixir.

    2. Castigo ou reprimenda para corrixir unha conduta.

    3. Produto que se engade a un medicamento para melloralo ou disimular algunhas das súas características organolépticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación recíproca ou mutua entre dúas ou máis cousas ou unhas con outras.

    2. Grao de interdependencia entre diversas variables.

      1. Fenómeno fonolóxico segundo o que se vinculan dúas ou máis entidades fonemáticas en relación cun determinado trazo pertinente.

      2. Interrelación que se dá entre dous ou máis elementos dunha oración: a existencia dun condiciona a do outro.

      3. consecutio temporum.

    3. Figura retórica de repetición que consiste na correspondencia sintáctica ou semántica entre os membros de dous ou máis conxuntos de elementos dispostos de maneira similar.

    4. Relación entre os estratos, que pode ser litostratigráfica, baseada na composición petrográfica e na posición estratigráfica dunha unidade, e biostratigráfica, baseada na existencia de fósiles correlativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer unha fenda nun obxecto cun instrumento con gume.

    2. Producir unha ferida co gume dun obxecto a alguén. Tm v pron.

      1. Impedir que algo continúe ou se propague.

      2. Facer que cese o paso ou a saída de algo ou a comunicación entre dúas cousas.

    3. Dar a forma necesaria coas tesoiras a un tecido co que se vai confeccionar unha peza de roupa.

    4. Interromper a alguén que estaba falando ou algo que se estaba desenvolvendo ou executando. Tm v pron.

    5. Separar a baralla en dúas partes asimétricas.

    6. Compartir un punto común dúas liñas ou unha liña dúas superficies.

    7. Dirixirse a un lugar determinado polo camiño máis curto.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Óso plano e arqueado que forma as paredes da cavidade torácica e que serven para protexer os pulmóns e o corazón.

      2. Costela inferior e máis pequena do costelar.

    1. Óso de certos animais coa carne pegada, que se toma como alimento.

      1. Calquera peza con forma similar a unha costela do corpo.

      2. Cada unha das tiras que constitúen as canizas do carro.

      3. Elemento estrutural das superficies de sustentación e de mando dunha aeronave, que fai de soporte do revestimento.

      4. caderna.

    2. Prominencia elevada e alongada que resalta na superficie de froitos e follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás crasuláceas.

    2. Planta da familia das crasuláceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou lianas da orde das rosais, que adoitan presentar adaptacións á sequidade, como talos e follas suculentos e unha forma particular de asimilación do carbono (plantas tipo CAM).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo de natación en que, mantendo o ventre cara ao fondo, se obtén o impulso pola acción combinada de xiros alternativos dos brazos e o batemento simultáneo das pernas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. creto.

    2. Situación económica que lle permite a alguén comprar sen ter que pagar ao contado ou conseguir diñeiro prestado.

      1. Operación pola que unha persoa ou entidade presta a outra unha cantidade de diñeiro, para ser devolto, con xuros, nun determinado prazo de tempo.

      2. Cantidade que se dá ou pide.

    3. Intercambio non simultáneo entre a prestación e a contraprestación de bens, diñeiro ou servizos.

    4. Unidade didáctica que concreta unha aprendizaxe e que se imparte durante un número de horas determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO