"par(a)" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 528.

  • Guerra santa dos musulmáns, que se emprende co obxectivo de expansión do Islam. Cando se decreta, participar nela constitúe unha obriga para todos os crentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Son que sen ser consoante, a diferenza das vogais, non pode ocupar o núcleo silábico. Pode producirse por unha articulación labial, coronal, dorsal, nasal, faringal ou glotal. O que se articula na cavidade oral, adoita recibir o nome de semivogal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estampar ou imprimir motivos decorativos en relevo sobre papel, tecidos, metais ou outros materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano, xeralmente par, onde se produce a formación dos gametos (gametoxénese) e as hormonas sexuais. As gónadas masculinas denomínanse testículos e producen espermatozoides, e as femininas, ovarios e producen óvulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Par (C, S) que se constitúe por un conxunto S de elementos e por un conxunto C de liñas que unen os elementos de S, manifestando unha correspondencia de S en si mesma.

    2. Gráfica dunha función.

    3. Teoría que permite tratar graficamente problemas formalmente complexos, e atopa aplicación en numerosas ramas das matemáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio ou máquina para grampar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Insecto ortóptero, da familia dos grílidos, que ten un corpo grande e robusto, cabeza grosa provista de dous ollos compostos e un par de antenas longas, e coloración parda escura. As ás anteriores atópanse endurecidas e as posteriores son moi pequenas ou desapareceron. Son insectos cantadores, e o macho produce un son agudo moi característico rozando os élitros.

      2. Insecto, de cor negra e marrón, con patas poderosas e ás ben desenvolvidas. Son omnívoros, aínda que se alimentan preferentemente de vexetais. Teñen costumes diúrnas e pódense localizar en todas as partes.

      3. Insecto de cor marrón, abundante en fornos, pedras de cociña, lixo e en todos aqueles lugares onde a temperatura é maior á normal.

    1. Peza do muíño, pertencente ao seu mecanismo de rotación, situada na parte inferior do veo, entre o touzo do rodicio e a ra, e que consiste nun cono metálico coa punta redondeada.

    2. Insecto ortóptero, da familia dos grilotálpidos, de corpo robusto, o primeiro par de patas moi desenvolvido e transformado nun órgano escaravellador, co que abren galerías subterráneas, onde habitan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Par de apéndices, capitados e móviles, que reemprazan o segundo par de ás nos dípteros. OBS: Tamén se denomina balancín.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á heterólise.

    2. Reacción na que o par de electróns que forman un enlace permanecen sobre un dos fragmentos que se producen, mentres que sobre o outro fragmento aparece un oco electrónico. Esta ruptura proporciona ións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao hioide e á lingua.

    2. Aplícase ao músculo par e simétrico que actúa deprimindo a lingua. Tm s m.

    VER O DETALLE DO TERMO