"intro" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 395.

    1. Peza de metal cuñada pola necesidade dos intercambios, con aliaxe, título, peso e valor establecidos. Introducida polos gregos (s VIII a C), difundiuse por todo o mundo antigo.

    2. Parte da oferta monetaria dun país, composta de billetes e moeda metálica.

    3. Unidade monetaria propia dun país.

      1. Moeda que pode ser intercambiada polo seu detentor polo equivalente en moeda doutro país ao tipo de cambio establecido entre ambas as dúas.

      2. Moeda que ten un valor inestable ou unha tendencia a perder o seu valor constantemente en relación coas fortes.

      3. Moeda que ten un valor estable no mercado internacional de cambios ou unha consolidada tendencia a revalorizarse respecto ás outras moedas.

      1. Representación dun valor monetario moi superior ao da moeda corrente, usado para expresar cantidades moi elevadas.

      2. Moeda de ínfimo valor.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza cunha cavidade na que se introduce unha substancia en forma de po, pasta ou líquido para que, ao pasar ao estado sólido, colla a forma da cavidade.

    2. encofrado.

    3. Figura dalgunha estrutura ou animal que queda nun sedimento ao consolidarse.

    4. Composición seguida ou complexa, que pode estar integrada por texto, signos, ilustracións ou outros elementos gráficos, e que unha vez axustada e unida forma a páxina ou paquete que será impreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Primate superior, en particular os da familia dos cercopitécidos.

      2. Primate platirrino arborícola que pertence ao xenero Ateles, da familia dos cébidos, que presenta extremidades longas e rabo prénsil e longo, e que se alimenta de froita e insectos.

      3. capuchino.

      4. Mamífero, da familia dos cercopitécidos. Habita nas zonas boscosas de Marrocos e de Alxeria e atópase tamén en Xibraltar, pero crese que neste último lugar foi introducido.

      5. narigudo.

      6. Mamífero, da familia dos cébidos, pertencente ao xénero Alouatta. Son simios de cola prénsil e talla grande, que grazas á caixa de resonancia do seu óso hiodes teñen unha poderosa voz.

      7. Mamífero da familia dos cercopitécidos, gregarios, que se alimentan de froitas, follas, sementes e invertebrados e habita en todo tipo de bosques.

    1. Persoa que fai o mono ou monadas.

    2. Síndrome de abstinencia dun drogadicto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos mozárabes ou á súa lingua.

      2. Individuo do pobo mozárabe.

      3. Grupo de poboación cristiá que conservou a súa relixión baixo a dominación islámica da Península Ibérica.

      4. Fala románica que empregaban os mozárabes e tamén os muladís ou indíxenas renegados do cristianismo.

    1. Aplícase á liturxia propia dos cristiáns da Península Ibérica antes da introdución do rito romano, denominada tamén liturxia visigótica ou hispánica.

    2. Aplícase impropiamente á escritura visigótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que multiplica.

    2. Número polo cal se multiplica outro número.

    3. Explosivo que se introduce no cebo dos proxectís ou das cargas explosivas principais e que serve para provocar a explosión da carga. Estoupa polo efecto do detonador.

    4. Factor numérico que indica a proporción en que o incremento dunha determinada magnitude repercute na variación final doutra de tal maneira relacionada.

    5. Parte dun tubo electrónico en que a corrente electrónica inicial é amplificada sucesivamente por un conxunto de dinodos alimentados a un potencial cada vez máis elevado.

    6. Dispositivo ou circuíto electrónico que produce unha onda de saída na que a frecuencia é múltiplo exacto da entrada.

    7. Circuíto rectificador que produce unha tensión continua, de saída superior ao máximo da tensión alterna de alimentación e aproximadamente igual a un múltiplo seu.

    8. Sistema de transmisión do movemento en que o eixe de saída ten unha velocidade de rotación superior á do eixe de entrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema culto, usualmente de cinco estrofas e nunca de máis de sete, na que a última introduce a kharxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao nariz e ao estómago.

    2. Sonda que, introducida polo nariz, chega ata o estómago e se utiliza para extraer o contido gástrico ou para alimentar a un paciente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Esparexer un líquido mediante un nebulizador.

    2. Introducir unha fina dispersión de aceite nunha rede de distribución para evitar escapes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Información en que se comunica o falecemento dunha persoa e onde se introduce unha pequena biografía do falecido.

    2. Listaxe de defuntos dunha comunidade nun determinado período de tempo que aparece en diferentes medios de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade léxica nova, formal ou semanticamente, introducida nunha lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO