"sim" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1214.

  • Continuo urbano que resulta do crecemento simultáneo de dúas ou máis cidades próximas, que chega a facer desaparecer o espazo rural intersticial. Son características das rexións urbanas e das metrópoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de converter ou de converterse.

    2. Cambio de títulos de débeda pública por outros doutra emisión ou con diferentes condicións.

    3. Cambio do valor numérico dunha magnitude física que acontece como consecuencia de empregar unha unidade de medida diferente, que se realiza mediante os factores de conversión, que son a expresión do valor numérico dunha unidade en termos da outra.

    4. Acción de converter unha proposición na súa inversa, na que o predicado é o suxeito da primeira e viceversa.

      1. Evolución que segue unha escuadra formada en liña de fronte cando quere cambiar de rumbo por movemento simultáneo, de xeito que os navíos describen arcos concéntricos ao redor dun buque que fai de eixe de xiro.

      2. Acción de cambiar unha tropa de fronte xirando ao redor dun eixe fixo ou móbil.

    5. Mecanismo de formación de síntomas neuróticos que funciona especialmente na histeria de conversión.

    6. Adquisición de novas propiedades por parte dunha bacteria, asociada á infección por un fago lisoxénico.

    7. Alteración nunha das dúas cadeas dun fragmento de ADN bicatenario, que fai que as dúas sexan complementarias nunha rexión onde antes había un erro de emparellamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. conxugar.

    2. Aplícase a dúas magnitudes enlazadas mediante algunha lei ou relación determinada.

    3. Aplícase ao punto imaxe dun sistema óptico, respecto ao correspondente punto obxecto, e viceversa.

    4. Aplícase á antipartícula con respecto á súa correspondente partícula, e viceversa.

    5. Aplícase a cada un dos dous ou máis enlaces dobres dunha cadea, separados entre eles por un só enlace simple.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conxunguir ou conxunguirse.

      1. Palabra gramatical, invariable morfoloxicamente, que actúa como relacionante ou nexo entre dúas oracións ou ben entre dúas palabras ou frases que desempeñan a mesma función dentro da oración en que se integran.

      2. Conxunción que indica contrariedade ou oposición entre os elementos que une.

      3. Conxunción que introduce a causa de por que se produciu un determinado efecto.

      4. Conxunción que introduce o segundo termo dunha comparación.

      5. Conxunción que introduce a  oración en función de suxeito, complemento directo ou atributo.

      6. Conxunción que introduce a idea de obxección ou dificultade que non impide a realización dunha acción.  

      7. Conxunción que introduce a oración que indica a condición necesaria para que se realice algo.

      8. Conxunción que introduce elementos equivalentes.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se dá ou se fai de forma simultánea a outra cousa ou coa mesma finalidade.

      2. Que está unido ou contiguo a outra cousa.

      3. Aplícase ao movemento melódico no que se progresa mediante graos conxuntos.

      4. Herdanza indivisible.

    1. Unidade constituída por dous ou máis elementos de algo, ou pola súa totalidade.

    2. Grupo de pezas de vestir que fan xogo.

    3. Grupo instrumental ou vocal que executa unha composición musical.

    4. Colección de obxectos que comparten unha propiedade común.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das magnitudes que determinan a posición dun elemento espacial.

      2. Nun certo dominio X, conxunto de funcións nas que un punto está determinado polos seus valores, de maneira que cada punto se define por un conxunto de números, que son as coordenadas do punto.

    1. Parámetros que determinan a posición dun astro na esfera celeste.

    2. Coordenadas, xeralmente non cartesianas, que, en número igual ao de graos de liberdade dun sistema mecánico, se escollen para simplificar a forma das súas ecuacións dinámicas.

    3. Parámetros que determinan a posición dun punto na superficie terrestre, segundo a lonxitude e a latitude. As liñas de referencia son dous círculos máximos: o Ecuador e un meridiano inicial, adoptado por convenio, que xeralmente é o que pasa polo observatorio de Greenwich, en Londres. Deste xeito, a lonxitude dun punto P da superficie terrestre, é a distancia angular (medida de 0° a 180°) dun arco paralelo ao Ecuador trazado desde ese punto ata o meridiano de referencia e defínese a latitude como o ángulo entre a vertical á elipsoide terrestre trazada polo punto e o plano do Ecuador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos copépodos.

    2. Crustáceo da subclase dos copépodos.

    3. Subclase de crustáceos da clase dos maxilópodos, de pequeno tamaño, que posúen un corpo alongado e afiado no extremo inferior, sen caparazón e o corpo dividido nun cefalotórax e nun telson. Presentan anténulas unirrámeas e un par de antenas moi longas. Teñen catro pares de patas aplanadas que lles serven para remar. Existen especies de vida libre, que son parte do zooplancto, de vida parasita e de vida simbionte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda rusa equivalente á centésima parte do rublo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición breve que serve de letra a unha cantiga popular ou outra que a remeda. Corresponde a unha combinación de catro versos octosílabos, con rima asonante nos versos pares e sen rima nos impares.

    2. Composición de oito versos octosílabos distribuídos en dúas semiestrofas de catro versos, con catro rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Procede, posiblemente, da lírica galego-portuguesa.

    3. Estrofa de rima consonante que na Idade Media substituíu á caderna vía e que posteriormente foi relegada polo auxe dos hendecasílabos, da oitava real e do soneto. Consta de oito versos de arte maior, polo común dodecasílabos, con dúas ou tres rimas consonantes diferentes, cruzadas ou abrazadas e organizadas de catro en catro. Os versos cuarto e quinto adoitan rimar entre eles. Algúns teóricos afirman que a súa orixe está na poesía medieval galego-portuguesa. Empregouse con asiduidade na lírica culta castelá do s XV.

    4. Estrofa formada, polo común, por oito versos octosílabos, con tres rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Foi habitual na poesía popular ata a segunda metade do s XV.

    5. Estrofa que consta de seis versos, catro octosílabos e dous pés crebados tetrasílabos, isto é, que se organiza en dous tercetos octosílabos simétricos rematados cada un deles nun cuarto verso tetrasílabo. Ten rima consonante. OBS: Tamén se denomina dobre sextilla, copla manriqueña ou copla de Jorge Manrique.

    6. Molde métrico que pode ter de sete a doce octosílabos e un número variable de rimas, con ou sen enlace entre as dúas semiestrofas. Procede da poesía occitana medieval e seguiu empregándose ata o Século de Ouro español.

    7. Estrofa de dez versos octosílabos consonantes distribuídos en dúas semiestrofas de cinco versos con rimas diferentes, proliferou nos cancioneiros casteláns dos ss XV e XVI. OBS: Tamén se denomina décima falsa, estancia real ou quintilla dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contacto entre dous animais no que interveñen os órganos ou estruturas sexuais, que pode consistir desde un simple abandono do espermatóforo, ata a utilización de penes eréctiles para introducir os espermatozoides no interior do corpo da femia.

    2. Elemento que ten como función conectar dous termos ou claúsulas sintacticamente análogas.

    VER O DETALLE DO TERMO