"Morf" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 479.

    1. Relativo ou pertencente ás lecitidáceas.

    2. Planta da familia das lecitidáceas.

    3. Familia de árbores ou arbustos tropicais, da orde das lecitidais, de follas alternas, flores actinomorfas e hermafroditas e froitos en pixidio ou en baga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carnívoro, da familia dos félidos, de gran tamaño, membros robustos e esbeltos e fortes zarpas. Presenta cabeza grande, orellas pequenas, cabeiros moi desenvolvidos e rabo delgado. A pel é de cor ocre, de tonalidade variable, e a crina máis escura. A femia é de menor tamaño, de pelaxe máis clara e non presenta guedellas. O león desenvolve costumes crepusculares, caza preto dos bebedoiros e aliméntase principalmente de animais herbívoros.

      1. Tema iconográfico moi corrente desde a Antigüidade. Aparece na representación de cazarías e nas tumbas reais occidentais, aos pés das figuras xacentes dos reis como símbolo do poder.

      2. Figura de león no tetramorfo que simboliza ao evanxelista Marcos, que ten a súa orixe na visión do profeta Ecequiel narrada no seu libro.

      3. Figura heráldica que se representa coas gadoupas levantadas, a destra alta, a sinistra un pouco máis baixa. A súa posición habitual é a de rampante.

    2. Símbolo da potencia do Reino de Xudá. Como título foi referido ao negus de Etiopia.

    3. Carnívoro pinípedo da familia dos otáridos, de gran tamaño, que presenta corpo fusiforme e coas patas posteriores rematadas en aletas. Habitan no mar aberto formando manadas de moitos individuos e en época reprodutiva acércanse ás costas onde acaparan o maior número de femias formando haréns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral dimorfo da goethita, que cristaliza no sistema ortorómbico e presenta o fenómeno do pleocroísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lepóridos.

    2. Mamífero da familia dos lepóridos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos lagomorfos, que presenta orellas longas e estreitas, cola curta e extremidades posteriores máis potentes e longas ca as anteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración cutánea inespecífica e polimorfa, propia das leucemias crónicas, que se caracteriza por un prurito intenso, que é moitas veces orixe de lesións secundarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que pode actuar e decidir con liberdade.

      2. Que non está preso, suxeito nin encerrado.

      3. Que non é escravo.

      4. Aplícase ao país ou rexión que non está baixo o dominio doutro.

      5. Aplícase ao país ou estado no que se respecta os dereitos dos cidadáns.

      6. Aplícase ás pezas florais que non están soldadas.

      1. Que non está sometido a regras nin condicións.

      2. Que se pode mover con liberdade.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Traxe de uniforme con levita, xeralmente de gala, que levan algúns empregados ou criados.

    2. Conxunto de caracteres morfolóxicos accesorios e extremos que confiren a un animal o seu aspecto característico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apéndice membranoso que presentan tipicamente as poáceas na base das follas.

    2. Corola gamopétala e cigomorfa que presentan as flores da periferia, ou tamén as do medio, dos capítulos das compostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás liliáceas.

    2. Planta da familia das liliáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, a miúdo bulbosas, rizomatosas ou tuberosas, da orde das liliais, xeralmente de flores actinomorfas e hermafroditas e froito de condición moi variada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás liliais.

    2. Planta da orde das liliais.

    3. Orde das monocotiledóneas constituída por plantas xeralmente herbáceas con flores actimorfas tipicamente trímeras e con sementes de albume rico en lípidos e prótidos.

    VER O DETALLE DO TERMO