"Ende" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2813.

    1. Acción de asistir a un lugar.

    2. Conxunto dos asistentes.

    3. Acción de asistir a alguén.

    4. Pase da pelota a un xogador situado fronte á meta contraria e que ten como resultado a consecución dun tanto.

    5. Dereito irrenunciable que ten toda persoa detida a designar avogado para que o asista en todas as declaracións e dilixencias que se practican para a súa identificación.

    6. Conxunto de servizos que mantén a administración pública para axudar, case sempre gratuitamente, aos que non dispoñen de medios económicos para satisfacer as súas necesidades ineludibles.

    7. Conxunto de actividades públicas ou privadas que teñen como finalidade axudar a persoas e satisfacer as necesidades que non estean ao alcance dos seus medios.

    8. Función propia do avogado especialmente necesaria nos litixios nos que normalmente non lle son recoñecidas ás partes litigantes a posibilidade de intervir persoalmente para defender os seus dereitos diante dos tribunais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos asmoneos.

    2. Membro dunha familia sacerdotal israelita. Na época da dominación siria, un membro desta familia principiou a revolta que culminou a independencia xudía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asociar ou de asociarse.

    2. Rango básico no sistema fitosociolóxico de clasificación. O nome fórmase a partir do nome científico dunha ou de dúas plantas presentes na diagnose orixinal do sintaxon e defínese por uns inventarios florais.

    3. Unión de diversas persoas cun vínculo xurídico para un fin común.

    4. Agrupación de diversas persoas, vinculadas xuridicamente, para a obtención dun fin non lucrativo que exclúe a obtención por parte dos asociados dunha ganancia proporcional ás cotas ou participacións preestablecidas.

    5. Unidade ecolóxica na que dúas ou máis especies se atopan máis frecuentemente emparelladas do que se esperaría se se desenvolvesen independentemente.

    6. Figura que consiste en aplicar a moitos iso que se refire implicitamente a un só.

    7. Formación de especies moleculares relativamente complexas pola unión de dúas ou máis moléculas simples dunha mesma substancia.

    8. Grupo formado cos tipos taxonómicos de solos que aparecen xuntos nunha rexión e que presentan unha determinada relación entre eles.

    9. Agrupación dos propietarios de terreos suxeitos ao sistema de execución urbanística de cooperación que, ademais de achegar os terreos de cesión obrigatoria, colaboran coa administración pública na execución das obras de urbanización.

    10. Cultivo simultáneo de dúas ou máis plantas de diferentes especies sobre o mesmo terreo para acadar un maior rendemento económico ou unha mellora na calidade da produción.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia á creación de agrupacions de persoas que comparten certos obxectivos.

    2. Teoría psicolóxica e filosófica segundo a que as sensacións constitúen os elementos orixinarios da consciencia, das que derivan todas as outras actividades psicolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que tende cara á asociación.

    2. Propiedade en virtude da que para operar tres números pódense asociar dous calquera e substituílos polo resultado da operación parcial deles e despois operar o resultado parcial co terceiro número sen que varíe o resultado final.

    3. Relacións semánticas que se producen entre os signos dunha lingua, de maneira que se enlazan formando grupos de representacións (Paul).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado aos planetas pequenos do Sistema Solarque comprenden os asteroides C, ricos en silicatos hidratados e carbono, os asteroides S, compostos de piroxenos e olivinas, e os asteroides M, compostos principalmente por ferro e níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de atender.

    2. Acción de fixar o pensamento nalgunha cousa e de aplicar o entendemento ou os sentidos sobre algo.

    3. Demostración de consideración, xentileza, cortesía ou afecto.

      1. Exclamación empregada para advertir que se aplique especial coidado no que se vai facer ou dicir.

      2. oz preventiva con que se advirte aos  soldados formados de que se vai empezar un exercicio ou manobra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pórse ao cargo dalgunha cousa ou de alguén.

    2. Satisfacer algún tipo de petición, demanda ou necesidade dunha persoa.

    3. Prestar atención a algo ou a alguén.

    4. Ter en conta ou en consideración algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de atenuar.

    2. Figura retórica que consiste en non facer explícito todo aquilo que se quere dar a entender, ou ben negar o contrario do que se quere afirmar.

    3. alor inverso da ganancia dun transductor cando esta ganancia é inferior á unidade.

    4. Perda inducida de virulencia dun microorganismo patoxénico, provocada polo cultivo baixo condicións determinadas. Neste feito baséase a produción de moitas vacinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algunha cousa ou alguén siga parado ou non se vaia.

    2. Actuar axustándose a unha situación, seguindo unhas normas ou outras circunstancias.

    VER O DETALLE DO TERMO