"BS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 4332.

  • Aparato para observar un anáglifo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado polos retóricos clásicos, dentro do teatro grego e latino, ao recoñecemento dun feito ou persoa por parte das personaxes, que lle dá á obra un xiro decisivo e conduce o argumento ao desenlace. OBS: Tamén se denomina agnición e recoñecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación entre dúas ou máis cousas que teñen algo en común.

    2. Semellanza entre diferentes culturas baseadas nunha evolución converxente e independente.

    3. Semellanza funcional entre órganos de estrutura e de orixe filoxenética distintas.

    4. Método de aplicación da lei por medio da que unha norma que regula un caso determinado se fai extensiva a casos non previstos pero análogos ou semellantes con identidade de razón.

    5. Correlación entre cada un dos termos de dúas ou máis ordes.

    6. Similitude entre o número e a forma das ecuacións diferenciais de dous sistemas físicos.

    7. Proceso histórico que fai que certas palabras pasen dun paradigma a outro xeralmente máis regular.

    8. Transposición ao pasado da observación das culturas actuais co fin de comprender as relacións de comportamento que subxacen á produción do rexistro arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación patolóxica en que se é incapaz de evitar a práctica de determinadas accións ou de pensar en certas cousas, propia dalgunhas neuroses obsesivas e compulsivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma particular da epéntese que determina a introdución dun son vocálico entre outros dous consonánticos, un destes líquido. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de hipérbato, da gramática clásica, que consiste en pospoñer a preposición ao substantivo que rexe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de titanio que cristaliza no sistema tetragonal; os cristais, pequenos, poden ser bipiramidais ou arredondados e están implantados de xeito disperso; de cor negra, marrón ou, raramente, incolora, e brillo diamantino. OBS: Tamén se denomina octaedrita

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia que estuda a estrutura dos seres vivos baseándose na observación mediata ou inmediata e recorrendo, polo xeral, á disección.

      2. Arte de disecar ou separar as partes dun ser vivo para descubrir a súa situación e estrutura.

      3. Estudo e disección da estrutura do ser vivo.

    1. Análise sutil.

    2. Rama da anatomía que estuda as modificacións anatómicas aparecidas nos órganos e nos tecidos debido a axentes morbosos que son detectables mediante distintos métodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Toxina microbiana atenuada que perdeu unha parte das súas propiedades tóxicas e que conserva as propiedades antixénicas, capaces de crear inmunidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO