"Ende" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2813.

    1. Acción e efecto de ascender.

    2. Acción e resultado de chegar a un nivel, grao ou lugar máis alto.

    3. Incorporación de categorías, nunha competición deportiva á inmediatamente superior logo de obter a clasificación ao longo dunha tempada.

    4. Nomeamento dun funcionario para un cargo público vacante, de superior categoría xerárquica á que exercía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato de transporte intermitente de persoas en sentido vertical ascendente e descendente, que está composto por unha cabina e por un contrapeso que corre entre dúas guías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Médico da Grecia Antiga que tiña funcións sacerdotais nos templos de Asclepio, transmitidas por tradición familiar. Descendentes de Asclepio, o máis coñecido dos asclepíades foi Hipócrates de Cos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de peritecio formado por filamentos producidos polo pé do ascogonio, que envolve un grupo de ascos e de paráfises ascendentes. Adoitan ter forma de ampola e ábrense por un ostíolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carácter de ser que ten nel mesmo o principio do propio ser e que, polo tanto, non depende de ningún outro. A teoloxía aplícao a Deus, en oposición aos seres creados, que son ab alio (procedentes doutro ser).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia que pretende outorgar á asemblea poderes decisorios.

    2. Esaxeración no número e duración das asembleas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que, nas prazas de abastos, actúa como intermediaria entre produtores e vendedores.

    2. Instrumento que serve para suavizar as navallas de barbear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asentar ou asentarse.

    2. Sentido común.

    3. Anotación que se fai no libro de rexistro.

    4. Anotación que se fai nun libro contable referente a unha operación mercantil determinada para poder seguir as flutuacións da situación inicial.

    5. Parte dunha cousa sobre a que se asenta outra.

      1. Lugar onde se establece unha persoa para vivir.

      2. Feito polo que os colonos se establecen naquelas terras que lle foron asignadas.

    6. Lugar ofensivo ou defensivo que ocupa cada unha das armas pesadas dunha unidade ou conxunto.

    7. Movemento de descenso que fan as terras e os cimentos, piares ou paredes dunha construción a medida que van recibindo o peso das construcións que soportan.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asimilar ou asimilarse.

    2. Proceso biolóxico de transformación das substancias incorporadas por un organismo en substancias constituíntes do mesmo.

    3. Proceso segundo o que un fonema exerce a súa influencia articulatoria e acústica sobre outro, invadíndoo parcial ou totalmente.

    4. Mecanismo de adaptación que consiste en acomodar unha situación a un esquema psíquico.

    5. Proceso polo que unha minoría inmigrada é absorbida pola sociedade que a recibiu.

    6. Proceso polo que un magma intruso, ascendendo, arranca e refunde materiais das paredes e das capas das rochas encaixadas, e modifícaas, consecuentemente, na súa composición. OBS: Tamén se denomina dixestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha asíntota.

    2. Aplícase á liña ou figura que se aproxima infinitamente a outra sen chegar a coincidir nunca.

    3. Liña trazada sobre unha superficie de tal xeito que o plano osculador á liña en cada punto é tanxente á superficie.

    4. Plano tanxente a unha superficie no seu punto impropio.

    5. Punto singular ao que tende unha curva dada sen chegar a tocalo.

    6. Ramas de curva que teñen unha mesma asíntota.

    VER O DETALLE DO TERMO