"ELAS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1060.

  • Poro respiratorio situado na cara inferior do talo dos liques.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte máis elevada dun monte.

      1. Armadura de diferentes materiais que, coa curvatura adecuada, se levanta para soster unha bóveda durante a súa construción ou para suxeitar as doelas dun arco mentres non se coloca a clave.

      2. Curvatura interna dun arco ou dunha bóveda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ciprínidos.

    2. Peixe da familia dos ciprínidos.

    3. Familia de peixes de auga doce da orde dos cipriniformes cunha única aleta dorsal, boca pequena e protráctil, con labios grosos e, nalgunhas especies, con barbelas. Pertencen a esta familia os barbos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aquenio formado por máis dun carpelo procedente dun ovario ínfero.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de todos os puntos dun plano que cumpren que a distancia a un punto fixo é igual a un segmento dado, denominado raio.

      2. Circunferencia de raio unidade en que o centro é a orixe dun sistema de coordenadas cartesianas. Emprégase para definir as razóns trigonométricas dun ángulo.

      3. Círculo en que o seu centro e o seu raio son o centro e o raio de curvatura dunha curva nun punto dado.

      4. Determinación da superficie dun cadrado que equivale á dun círculo dado.

    1. Liña curvada en forma de circunferencia ou aproximada a unha circunferencia.

    2. Grupo de persoas que comparten unha determinada actividade ou afección.

    3. Conxunto das persoas ou das cousas que forman o ambiente ou co que se ten unha ligazón.

      1. Asociación de carácter cultural, recreativo ou deportivo sen ánimo de lucro.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea do xénero Cymbopogon, da familia das poáceas que presenta un pequeno bulbo do que se extrae un aceite que contén citral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de inclusión formado por dúas moléculas distintas, onde unha delas está situada nos ocos que deixa o retículo cristalino da outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de clientes dun establecemento, dunha empresa ou dun profesional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás clorofíceas.

    2. Alga da clase das clorofíceas.

    3. Clase de algas que coloniza unha ampla variedade de hábitats. As máis delas son microscópicas, algunhas unicelulares monadais, outras coloniais e moitas filamentosas. Débenlle a súa cor á presenza da clorofila b.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orgánulo propio da célula vexetal, onde ten lugar a fotosíntese. É de cor verde, pola clorofila que contén e está limitado por unha dobre membrana, cuxa membrana interna orixina un sistema membranoso de lamelas ou tilacoides, que se fusionan formando uns sáculos, que se amontoan e constitúen os granas.

    VER O DETALLE DO TERMO