"Aspect" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 472.

  • Carbonato básico de cinc que cristaliza no sistema monoclínico en cristais de cor branca ou amarela pálida, presenta un aspecto compacto e forma bandas, capas concéntricas, eflorescencias e estalactitas. OBS: Tamén se denomina flor de cinc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado patolóxico orixinado por unha deficiencia da hormona tiroide. OBS: Tamén se denomina insuficiencia tiroide.

    2. cretinismo.

    3. Hipotiroidismo que se caracteriza pola afección do tecido conectivo subcutáneo (mixedema). O aspecto do paciente caracterízase pola facies mixedematosa, coa pel grosa, edematosa e seca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pico de forma piramidal con arestas ben definidas e aspecto tallado, situado no cumio dos circos glaciares e formado pola acción do xeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Líquido, normal ou patolóxico, do corpo dun animal ou dunha planta.

      2. Líquido viscoso contido na cámara anterior do ollo dos cefalópodos e dos vertebrados, entre a córnea e o cristalino.

      3. Cada un dos catro humores (bile, atrabile, pituíta e sangue) que, segundo a medicina antiga, segregaba o organismo e do equilibrio dos que dependían a saúde e a enfermidade.

      4. Líquido xelatinoso contido na cámara posterior do ollo dos cefalópodos e dos vertebrados entre o cristalino e a retina.

      1. Estado de ánimo, que fai referencia a unha disposición afectiva do espírito ou do temperamento, con inclinación á alegría ou á tristeza.

      2. Boa disposición para facer algo.

    1. Tendencia de alguén a ver o lado positivo ou irónico das cousas.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha que está formada por acumulación de fragmentos de lavas ácidas soldadas en quente, con aspecto de tosca ou lava fluída e que provén de erupcións explosivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar luz a algo ou alguén. Tm abs.

    2. Adornar ou poñer luces nun lugar.

    3. Facer que alguén comprenda algunha cousa ou adopte unha conduta acertada.

    4. Dar aspecto alegre e resplandecente a algo.

    5. Dar cor a algo, especialmente a letras e figuras impresas.

    6. Encherse de luz.

    7. Amosarse alegre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación exacta de algo ou alguén.

      1. Aparencia visible dun obxecto ou dunha persoa imitados polas artes plásticas ou gráficas.

      2. Representación de Xesús Cristo, a Virxe ou os santos.

    2. Figura que está formada polo conxunto de interseccións dos raios luminosos que proceden de cada un dos puntos dun obxecto (imaxe real), ou ben polo conxunto de interseccións das prolongacións dos raios luminosos, despois de ser modificada a súa traxectoria ao incidir nun sistema óptico ou ao atravesalo (imaxe virtual).

    3. Área total explorada, nos sistemas de televisión, polo feixe de electróns nos tubos analizadores e nos raios catódicos.

    4. Relación poética entre elementos reais e irreais, ou o termo irreal de dita relación.

      1. Representación interna no ámbito do cognoscible dun obxecto externo.

      2. Representación dunha experiencia perceptiva previa en ausencia da estimulación sensorial correspondente.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reproducir unha persoa a forma de ser ou de actuar de alguén.

    2. Reproducir máis ou menos fielmente algo.

    3. Presentar unha cousa características semellantes a outra.

    4. Parecerse unha persoa a outra, tanto no aspecto físico como no moral. Tm v pron.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non é perfecto ou non está completamente acabado ao carecer dalgunha calidade que debería posuír.

      1. Determinación propia dalgúns tempos verbais, de aspecto imperfectivo, que indican a continuidade do proceso sen precisar o seu termo.

      2. copretérito.

      3. pretérito de subxuntivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non se pode presentar.

    2. Que ten un aspecto ou calidade inaceptable. Tm s, referido a persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO