"Ende" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2813.

  • agón especial que se engancha detrás da locomotora para transportar o combustible e a auga para alimentala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento aerófono de lingüeta dobre, considerado descendente directo da caramela, que se tocaba en Europa desde a Idade Media ata o s XVII.

    2. Persoa que toca a tenora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de tensar.

    2. Estado mental de inquietude motivado pola presenza de estímulos de intensidade moi alta.

    3. Desacordo nas relacións entre persoas ou grupos.

      1. Presión que exerce un líquido ou un gas dentro do corpo.

      2. Resistencia que ofrecen as paredes dun continente á presión dun líquido ou dun gas que contén.

    4. Calidade das articulacións tónicas que distingue o momento articulatorio culminante nunha palabra, nunha sílaba ou nun fonema.

      1. Estado do corpo que experimenta as forzas que o manteñen tenso ou lle impiden contraerse.

      2. Resultado das forzas elásticas que, na masa dun corpo, equilibran os esforzos externos que tenden a alongalo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce unha tensión. Tm s.

    2. Que estira ou tensa unha parte. Tm s m, referido a músculo.

    3. Dispositivo que se emprega para dar tensión.

    4. Obxecto abstracto formado por compoñentes que dependen das coordenadas e que varían baixo unha transformación delas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de tentar.

    2. Propósito e comezo de execución dun delito que non chega a realizarse por circunstancias independentes da vontade do culpable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparición sorprendente ou extraordinaria da divindade.

    2. Festa da Epifanía en Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ordenado de ideas, independentes da realidade práctica, que tratan de explicar un fenómeno.

    2. Conxunto de coñecementos completo e sistemático sobre unha materia, arte ou ciencia.

    3. Teoría segundo a que todos os elementos químicos están constituídos por átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas, e que teñen unha serie de propiedades, como a masa atómica, que é característica de cada elemento. Se dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes, onde a molécula é a cantidade mínima dun composto, que ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan.

    4. Teoría segundo a que todo o efecto da supercondutividade resulta dunha pequena forza de atracción entre unha parella de electróns con enerxías case iguais (parellas de Cooper). Os electróns libres repélense mutuamente, pero a repulsión está reducida considerablamente por mor do apantallamento dos outros electróns.

    5. Teoría que explica as propiedades das solucións acuosas de electrólitos fortes, admitindo que están completamente disociados en ións e que as desviacións observadas respecto ao comportamento previsto pola ecuación de Arrhenius proveñen das súas interaccións electrostáticas.

    6. Teoría segundo a que o dilema que presentaba a existencia de solucións correspondentes a estados de enerxía negativos, carentes de significación física, pode resolverse postulando que o oco está ocupado por positróns.

    7. Teoría que considera a superficie da Terra como un sistema integrado, en que os organismos vivos e os factores xeolóxicos e climáticos están interrelacionados e se inflúen mutuamente. OBS: Tamén se denomina hipótese de Gaia.

    8. Teoría segundo a que cando un metal ou calquera substancia se disocia en ións ou se somerxe nun disolvente se crea unha diferenza de potencial entre o disolvente e a parte de metal ou substancia que aínda non se disolveu.

    9. Teoría, enunciada co fin de atopar unha formulación que satisfixese a experiencia na radiación dun corpo negro, segundo a que calquera sistema físico en que a coordenada que o caracteriza efectúe oscilacións harmónicas simples, soamente pode ter unha enerxía total E que satisfaga a relación E=nhv, onde n é un enteiro (dito número cuántico), h a constante de Planck e v a frecuencia de oscilación.

    10. Teoría da física dos reactores nucleares, segundo a que o intervalo de enerxía en que evolucionan os neutróns se descompón nun determinado número de bandas de características definidas, o que simplifica o estudo do fluxo neutrónico.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser dono ou estar en posesión de algo. Tm fig.

    2. Poder dispoñer de algo ou de alguén.

    3. Experimentar unha sensación.

    4. Manifestar un sentimento por algo ou alguén.

    5. Facer existir algo ou a alguén.

    6. Manter un vínculo con alguén que queda implícito na denominación que recibe esa persoa.

    7. Manter ou soster algo nun determinado estado, lugar ou posición.

    8. Impedir que algo ou alguén ceda a unha forza, caia, se afrouxe ou se solte.

    9. alorar algo ou a alguén.

    10. Acadar unha opinión, postura ou idea.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da física que utiliza a mecánica estatística para estudar o comportamento macroscópico da materia.

    2. Principios que determinan a natureza e límites dos procesos termodinámicos nos que o principio cero indica que dous sistemas en contacto tenden a alcanzar o equilibrio entre si. O primeiro principio é a lei da conservación da enerxía; o segundo principio, a entropía aumenta ou permanece constante; e o terceiro indica que no cero absoluto a variación da entropía tende a cero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade que presentan algúns materiais de depender da luz cando se lles somete a unha fonte calorífica.

    VER O DETALLE DO TERMO