"presenta" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 4014.

    1. Instrumento fabricado a propósito para atacar ou defenderse.

    2. Impropiamente, arma nuclear.

    3. Arma de fogo na que a forza do gas producido pola carga de lanzamento provoca a expulsión do proxectil da recámara e a sucesiva recarga sen intervención do tirador.

    4. Medio de emisión de bacterias provocadoras de enfermidades utilizado con finalidade bélica.

    5. Axente agresivo constituído por organismos vivos ou polas súas toxinas, capaz de producir infeccións que incapacitan ou matan gran número de seres vivos.

    6. Arma de man que fere coa punta ou co fío.

    7. Arma bélica con respecto á que non se discutiu ou prohibiu a súa utilización por acordo marco ou organización internacional.

    8. Arma que expele un proxectil por medio da expansión de gases formados pola combustión da carga de pólvora.

    9. Arma de fogo na que a introdución do cartucho na recámara non se fai manualmente senón que se realiza coa única manobra do obturador ata o esgotamento dos cartuchos contidos nun depósito incorporado á arma.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro da familia dos mustélidos, duns 30 cm de lonxitude do corpo e arredor de 11 cm de rabo. O seu pelame é delicado e moi suave, e pode presentar distintas cores segundo a estación: no inverno é branco e no verán, castaño avermellado coa zona ventral branca.

    2. Figura convencional, en forma de punta de frecha negra e longa con tres puntos no seu vértice superior, que vai en campo de prata e tenta representar a cola do armiño.

    3. Pel do mamífero do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea ou arbusto, anual ou perenne, que pertence ao xénero Atriplex, da familia das quenopodiáceas. Caracterízase por presentar flores hermafroditas ou unisexuais no mesmo pé, follas planas alternas ou opostas e froito con bractéolas libres ou soldadas só na parte inferior

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba perenne da familia das aráceas, de ata 75 cm de lonxitude, que presenta un tubérculo horizontal e follas pecioladas e saxitadas. As flores dispóñense nun espádice cuberto por unha espata branca ou branca verdosa. Os froitos son baias vermellas e velenosas dispostas nunha espiga de ata 15 cm de lonxitude, especialmente patente ao desaparecer a espata na madureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten arquegonios.

      1. Relativo ou pertencente ás arquegoniadas.

      2. Planta da familia das arquegoniadas.

      3. Grupo de vexetais integrado por plantas que presentan arquegonios típicos. Comprende os briófitos e os pteridófitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que representa edificacións ou outros motivos arquitectónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba anual ou perenne, da familia das escrofulariáceas, que pertence ao xénero Linaria e que se caracteriza por presentar follas enteiras, a corola das flores cunha prolongación tubular coa gorxa pechada por unha protuberancia bilobulada, e froitos en cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, da familia das poáceas, que presenta follas lineais e ásperas, e espigas estreitas e pendurantes na madurez. Cultívase en terreos moi húmidos e climas cálidos, e constitúe o alimento básico de gran parte da humanidade.

    2. Gran da planta do arroz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sesquióxido de arsénico que cristaliza no sistema cúbico e se presenta en masas brancas pulverulentas. Emprégase na fabricación de raticidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfarseniuro de ferro que cristaliza no sistema monoclínico e que se presenta en formas pseudorrómbicas.

    VER O DETALLE DO TERMO