"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

    1. Cemento con que se tapan as xuntas dun enlousado.

    2. Listón ou peza delgada de madeira que tapa a intersección de dúas láminas xustapostas ou a xunta das follas dunha porta ou dunha porta e a parede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Despois de ter pasado o tempo oportuno ou considerado oportuno.

    2. A unha hora moi avanzada do día ou da noite.

    3. Parte do día comprendida entre o mediodía e o anoitecer. FRAS:

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento do esqueleto das extremidades posteriores dos vertebrados tetrápodos que une a tibia e o peroné co metatarso.

    2. Último elemento da pata dos insectos que segue á tibia.

    3. Lámina fibrosa que se atopa nas pálpebras, entre o músculo orbicular e a conxuntiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos dentes implantados nos alvéolos dentais.

      1. Relativo ou pertencente aos tecodontes.

      2. Réptil fósil da orde dos tecodontes.

      3. Orde de réptiles diápsidos de cranio longo e dentes tecodontes cuxas extremidades posteriores indican tendencia ao bipedismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que deriva formalmente do ácido teluroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto binario do telurio con elementos máis electropositivos ca el.

    2. Anión Te 2- , que deriva do teluriuro de hidróxeno por perda dos dous átomos de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sucesión das cousas, considerada como transcorrente dunha maneira continua e uniforme e que se mide por fenómenos sucesivos acontecidos a intervalos regulares, como o ciclo solar, o ciclo lunar ou o curso das estacións.

    2. Período determinado dentro desta sucesión.

    3. Idade de algo ou alguén.

    4. Período de longa extensión.

    5. Período ao que se alude e que adoita ter como referente algún feito concreto.

    6. Espazo ou momento apropiado para facer algo.

    7. Estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinado. Tm fig.

      1. Cada unha das partes en que se divide a execución dalgunha cousa.

      2. Parte ou división do compás.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tendóns.

    2. Que é da natureza dos tendóns.

    3. Que está composto por tendóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao composto orgánico que reduce a tensión superficial da auga ou dunha disolución ao ser disolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ordenado de ideas, independentes da realidade práctica, que tratan de explicar un fenómeno.

    2. Conxunto de coñecementos completo e sistemático sobre unha materia, arte ou ciencia.

    3. Teoría segundo a que todos os elementos químicos están constituídos por átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas, e que teñen unha serie de propiedades, como a masa atómica, que é característica de cada elemento. Se dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes, onde a molécula é a cantidade mínima dun composto, que ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan.

    4. Teoría segundo a que todo o efecto da supercondutividade resulta dunha pequena forza de atracción entre unha parella de electróns con enerxías case iguais (parellas de Cooper). Os electróns libres repélense mutuamente, pero a repulsión está reducida considerablamente por mor do apantallamento dos outros electróns.

    5. Teoría que explica as propiedades das solucións acuosas de electrólitos fortes, admitindo que están completamente disociados en ións e que as desviacións observadas respecto ao comportamento previsto pola ecuación de Arrhenius proveñen das súas interaccións electrostáticas.

    6. Teoría segundo a que o dilema que presentaba a existencia de solucións correspondentes a estados de enerxía negativos, carentes de significación física, pode resolverse postulando que o oco está ocupado por positróns.

    7. Teoría que considera a superficie da Terra como un sistema integrado, en que os organismos vivos e os factores xeolóxicos e climáticos están interrelacionados e se inflúen mutuamente. OBS: Tamén se denomina hipótese de Gaia.

    8. Teoría segundo a que cando un metal ou calquera substancia se disocia en ións ou se somerxe nun disolvente se crea unha diferenza de potencial entre o disolvente e a parte de metal ou substancia que aínda non se disolveu.

    9. Teoría, enunciada co fin de atopar unha formulación que satisfixese a experiencia na radiación dun corpo negro, segundo a que calquera sistema físico en que a coordenada que o caracteriza efectúe oscilacións harmónicas simples, soamente pode ter unha enerxía total E que satisfaga a relación E=nhv, onde n é un enteiro (dito número cuántico), h a constante de Planck e v a frecuencia de oscilación.

    10. Teoría da física dos reactores nucleares, segundo a que o intervalo de enerxía en que evolucionan os neutróns se descompón nun determinado número de bandas de características definidas, o que simplifica o estudo do fluxo neutrónico.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO