"Ulla" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 274.

  • Palabra que se dirixe a alguén para criticalo ou mofarse del.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Pulla, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Pulla.

    3. ariedade lingüística itálica que se fala na rexión de Pulla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de punzar.

    2. Operación que consiste en introducir un trocar, unha agulla ou un bisturí nunha parte ou nunha cavidade do corpo, para dar saída a un líquido normal ou patolóxico.

    3. Punción que se realiza na rexión lumbar co fin de extraer líquido cefalorraquídeo ou para inxectar substancias no espazo subaracnoidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das pasadas que se dá coa agulla enfiada ao coser.

    2. Cantidade de fío que vai entre dous buratos feitos ao coser.

    3. Dor intensa e punzante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barra de ferro terminada en punta que se utiliza para furar, picar ou facer marcas.

    2. Parte da gaita na que se produce a melodía ao modificar o son da palleta mediante uns furados que se corresponden coas notas da escala melódica.

    3. Pau longo ou vara que se utiliza para sinalar.

    4. Agulla do reloxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de algo que sobresae dunha superficie.

    2. Conxunto de formas que accidentan a superficie terrestre que resultan da acción das forzas endóxenas e dos axentes erosivos que destrúen e transforman os relevos preexistentes.

    3. Forma non exenta traballada nun soporte bidimensional, que se diferencia entre alto, medio ou baixo relevo, segundo sobresaia máis ou menos groso.

    4. Sona dunha persoa.

    5. Importancia que se lle dá a algo ou a alguén.

    6. Calidade do que se manifesta con claridade por estar ben contrastado.

    7. Fenómeno que consiste en destacar un mineral do medio no que está mergullado para podelo observar mellor.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento para medir o paso do tempo e indicar as horas e outras unidades de tempo.

      2. Reloxo que dispón de indicadores que permiten medir o tempo sideral.

      3. Instrumento que consiste en dous recipientes de vidro unidos por un orificio moi pequeno, que permite medir o tempo en función do que tarda unha cantidade de area moi fina en pasar dun recipiente ao outro. 

      4. Reloxo de parede que se caracteriza pola súa decoración rústica e pola presenza dun autómata en forma de ave que aparece cos toques horarios e que emite un son de dúas frautas que imitan o canto dun cuco.

      5. Reloxo de dimensións medianas que se colga na parede.

      6. Reloxo portátil provisto dun elo e dunha cadea para levar no peto e asegurado mediante a cadea a unha botoeira do traxe.

      7. Reloxo portátil que está provisto dunha correa para levalo posto no pulso.

      8. Reloxo que indica a hora a través da sombra producida polo sol dun gnomon ou estilo sobre un cuadrante onde están sinaladas as horas e o calendario zodiacal ou mensual.

      9. Fenómeno xeolóxico que permite fixar no tempo a idade do que viviu e se transformou na Terra.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de reservar.

      2. Parte dun fondo de arte dun museo ou conxunto das publicacións dunha biblioteca que, polo seu valor ou rareza, son sometidos a un réxime de exhibición ou de consulta especiais.

      1. Conxunto de cousas que se gardan para un caso de necesidade.

      2. Documento co que se acredita que se ten algo reservado.

      3. iño ou licor cunha crianza mínima de tres anos.

      4. Elementos combatentes que o mando mantén á súa disposición en previsión de futuras continxencias.

      5. Situación á que pasa un militar unha vez cumprido o período de servizo, á que son destinados os xefes e oficiais das forzas militares ao cumprir unha idade, ou os mobilizados que se reintegran á vida civil rematada unha guerra.

      6. Material que pode ser extraído e aproveitado dun depósito.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que vai ou se move cara a atrás.

    2. Que vai contra o progreso. Tm s.

    3. Sentido en que se move un corpo arredor doutro, cando o fai no sentido das agullas do reloxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Flor da roseira que presenta os pétalos de cores variadas e un perfume moi agradable.

      2. Planta herbácea anual, pilosa, da familia das brasicáceas que presenta as follas ovais e dentadas, as flores brancas, dispostas en acios pequenos, e froitos en silícula.

    1. Calquera outra flor.

      1. Obxecto que ten forma de rosa.

      2. Figura de rosa en ouro que o papa bendicía o cuarto domingo de Coresma e transmitía como don a algún soberano ou a certos santuarios.

      3. Agregado cristalino de xeso, propio de zonas moi áridas, en que as láminas de crecemento adoptan formas de rosa.

      4. Diagrama que se utiliza en meteoroloxía e climatoloxía para resumir as observacións dos ventos, recollidas durante un período de tempo longo.

      5. Círculo dividido en trinta e dúas partes iguais, denominadas cuartos, rumbos ou ventos, que indican os catro puntos cardinais e vine e oito intermedios sobre os que se efectúan as indicacións das agullas náuticas.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO